Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > A I Andaina Saudable celébrase este domingo 19 en Boborás, dentro do proxecto Concellos Saudables

13, Xullo 2009 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

(Redacción. Belén González) O Concello de Boborás celebra a súa I Andaina Saudable este vindeiro domingo día 19 gracias ó proxecto Concellos Saudables 11. Esta actividade terá lugar no Pavillón Municipal a partir das 10 da mañá e contará con dous percorridos: o primeiro constará de oito quilómetros e o outro será de quince quilómetros. Antes de comezar a andaina, os participantes recibirán un avituallamento saudable que terá un sandwich, unha froita, unha barriña enerxética e un auga. A cada persoa faráselle unha proba de valoración da súa saúde física ó rematar e para finalizar a partir das seis da tarde terá lugar unha actuación de títeres a cargo do grupo "Seisdedos". Tódolos que desexen participar téñense que apuntar na casa do concello. Esta actividade está patrocinada por Barreras de Seguridad S.L. e organizado pola Xunta de Galicia, Programa Pasea e Concellos Saudables.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/i-andaina-saudable-cel%C3%A9brase-este-domingo-19-en-bobor%C3%A1s-dentro-do-proxecto-concellos-saudables

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/i-andaina-saudable-celébrase-este-domingo-19-en-boborás-dentro-do-proxecto-concellos-saudables [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/i-andaina-saudable-celébrase-este-domingo-19-en-boborás-dentro-do-proxecto-concellos-saudables [3] whatsapp://send?text=A I Andaina Saudable celébrase este domingo 19 en Boborás, dentro do proxecto Concellos Saudables http://copecarballino.es/novas/i-andaina-saudable-celébrase-este-domingo-19-en-boborás-dentro-do-proxecto-concellos-saudables [4] http://copecarballino.es/print/42213