Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > A VI edición do Festival Senuncan trae ó Parque Municipal un cartel repleto de boa música

30, Xullo 2009 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

(Redacción.Belén González) Xa pasaron seis anos dende que se comezou a realizar o Festival Senuncan. Este venres día 31 e sábado 1 de agosto, Senuncan celebra o seu sexto aniversario que congregará a tódolos asistentes no Parque Muncipal. Despois da polémica xurdida ó coincidir con outro evento no mesmo lugar, o espectáculo comezará mañá venres e continuará o sábado; todos aqueles que queiran poderán acampar libremente. O cartel deste ano trae ó Parque Municipal ós grupos Gran Treboada, Rumborrachera, Muyayos de Raíz, Phantom Club, Os Chiquilicuatres, Kambotes, Fracasados de Antemano, Os Perqtores, Suzie Q´s, Banda Desarmada e Demetrius. Ademáis haberá obradoiros e xogos de sempre coa Asociación Cultural Os Serandeiros. A tan só un fin de semana da Festa do Pulpo, O Carballiño ofrece boa musica con acento xenuinamente galego e do entorno da comarca.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/vi-edici%C3%B3n-do-festival-senuncan-trae-%C3%B3-parque-municipal-un-cartel-repleto-de-boa-m%C3%BAsica

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/vi-edición-do-festival-senuncan-trae-ó-parque-municipal-un-cartel-repleto-de-boa-música [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/vi-edición-do-festival-senuncan-trae-ó-parque-municipal-un-cartel-repleto-de-boa-música [3] whatsapp://send?text=A VI edición do Festival Senuncan trae ó Parque Municipal un cartel repleto de boa música http://copecarballino.es/novas/vi-edición-do-festival-senuncan-trae-ó-parque-municipal-un-cartel-repleto-de-boa-música [4] http://copecarballino.es/print/42229