Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Carlos Montes prevé que as obras do entorno da Veracruz comezarán en outubro

4, Agosto 2009 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

(Redacción. Belén González) O Concello de O Carballiño e a Consellería de Política Territorial e Obras Públicas ven de asinar un novo convenio sobre a obra do entorno da Veracruz. O convenio asinado fai dous anos, xa foi modificado en tres ocasións para establecer as pautas de financiamento e os prazos de remate das obras. Volve asinarse por cuarta vez unha nova modificación para poder cumplir os prazos de entrega das obras. Despois destes cambios, Carlos Montes espera que o proxecto poida comezar en outubro; o orzamento co que se conta para este ano é de 500.000 euros do millón que se tiña asinado nun principio para esta obra. No 2010 prevése un orzamento de 816.000 euros e para rematar o proxecto, no 2011 contaráse cun presuposto de 132.000 euros. A cantidade total ascende a 1.488.000 euros para poder acabar estas obras tan esperadas polo goberno municipal, según declarou Carlos Montes. Ademáis, Montes resaltou que a comisión de goberno levou un importante traballo a cabo coa expropiación dos terreos para poder poñelos a disposición da Xunta de Galicia. Con todo isto, o goberno municipal espera que con esta cuarta adenda se finalice completamente o proxecto e as obras do entorno da Veracruz.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/carlos-montes-prev%C3%A9-que-obras-do-entorno-da-veracruz-comezar%C3%A1n-en-outubro

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/carlos-montes-prevé-que-obras-do-entorno-da-veracruz-comezarán-en-outubro [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/carlos-montes-prevé-que-obras-do-entorno-da-veracruz-comezarán-en-outubro [3] whatsapp://send?text=Carlos Montes prevé que as obras do entorno da Veracruz comezarán en outubro http://copecarballino.es/novas/carlos-montes-prevé-que-obras-do-entorno-da-veracruz-comezarán-en-outubro [4] http://copecarballino.es/print/42231