Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > A festa do polbo volve demostrar o seu poder de convocatoria popular, con miles de persoas no Carballiño

9, Agosto 2009 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Montes recibíu ás portas do Concello ó representante do Goberno Mexicano

Sen incidencias reseñables e con normalidade, mesmo no tráfico, tanto no casco urbano como nos principais accesos ó Carballiño, asi é como está a desenvolverse esta xornada festiva con motivo da XLVII edición da festa do polbo. Diversas fontes consultadas por esta emisora de radio calculan que a afluencia de persoas chegadas desde toda a xeografía galega para disfurar deste dia de festa no Carballiño poden situarse arredor das cincuenta mil, o que converten a este evento na maior concentración gastronómica de Galicia. No acto institucional, que tivo lugar ó mediodia na Casa do Concello, o Alcalde Carlos Montes manifestou "o orgullo que para todos os carballiñeses é poder realizar a representación cultural máis importante que tén Galicia, a festa máis antiga, máis popular e que exalta e resalta o plato gastronómico máis internacional de Galicia". Montes tamén dixo que "a festa é unha homenaxe ás pulpeiras que traballan promocionando este manxar e O Carballiño, e tamén é este ano unha homenaxe a un país que recibíu a tantos paisanos nosos, traballadores e exiliados". O rexidor municipal adicaba estas palabras a México ante o Agregado Cultural de México en España, que encabezaba a representación da Embaixada Mexicana que acudíu atá O Carballiño. Na súa interverción, o representante do Goberno Mexicano destacou a hospitalidade que caracterizou sempre ó seu país e dixo que "tanto Galicia e España como Méjico eran recoñecidos pola súa gran riqueza cultural-gastronómica, dous países de altísima cultura moi por enriba de outras que o único que inventaron foi a carne asada". Tamén acudiron a esta xornada festiva representantes da comunidade galega en México, entre eles o Vicepresidente do Centro Galego en México e o Presidente da Asociación de Empresarios galegos en México.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/festa-do-polbo-volve-demostrar-o-seu-poder-de-convocatoria-popular-con-miles-de-persoas-no

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/festa-do-polbo-volve-demostrar-o-seu-poder-de-convocatoria-popular-con-miles-de-persoas-no [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/festa-do-polbo-volve-demostrar-o-seu-poder-de-convocatoria-popular-con-miles-de-persoas-no [3] whatsapp://send?text=A festa do polbo volve demostrar o seu poder de convocatoria popular, con miles de persoas no Carballiño http://copecarballino.es/novas/festa-do-polbo-volve-demostrar-o-seu-poder-de-convocatoria-popular-con-miles-de-persoas-no [4] http://copecarballino.es/print/42237