Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Unha sospeitosa maleta preto da Rúa Carreira provoca un espectacular despliegue policial e o desaloxo dos veciños da zona

11, Agosto 2009 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

(Redacción. Belén González) Ás primeiras horas desta mañá unha particular daba a voz de alarma á Policía Local ó avistar dende o seu establecemento unha sospeitosa maleta. O feito tiña lugar na Rúa Xoán de León, máis coñecida por situarse alí o Bar Casablanca e Talleres Adolfo. Ás 12.00 horas chegaban numerosas brigadas da Policía Local e da Garda Civil ó lugar que foi acordoado na súa totalidade por motivos de seguridade e ó que non deixaron entrar en ningún momento a nadie, activandose o protocolo de seguridade previsto para estos casos. A Garda Civil asegurou dende un primeiro momento que se trataba dun acto sen trascendencia. Preto das 12.45 horas chegaban dende Vigo os especialistas en explosivos da garda civil para abrir a maleta e saber cal era o seu contido. Minutos máis tarde dábase por finalizado todo o despliegue ó confirmar que se trataba dunha maleta con roupa. O alcalde, Carlos Montes, confirmoulle ós veciños e traballadores da zona que podían voltar ó seu posto. En apenas uns minutos a zona foi desacordoada e recuperouse a normalidade na circulación e tamén nos establecementos que alí se atopan.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/unha-sospeitosa-maleta-preto-da-rua-carreira-provoca-un-espectacular-despliegue-policial-e-o

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/unha-sospeitosa-maleta-preto-da-rua-carreira-provoca-un-espectacular-despliegue-policial-e-o [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/unha-sospeitosa-maleta-preto-da-rua-carreira-provoca-un-espectacular-despliegue-policial-e-o [3] whatsapp://send?text=Unha sospeitosa maleta preto da Rúa Carreira provoca un espectacular despliegue policial e o desaloxo dos veciños da zona http://copecarballino.es/novas/unha-sospeitosa-maleta-preto-da-rua-carreira-provoca-un-espectacular-despliegue-policial-e-o [4] http://copecarballino.es/print/42242