Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > A Asociación de Comerciantes concede o Premio Azougue 2009 a Confitería Cerviño

21, Agosto 2009 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Maria José Cerviño

(Redacción. Belén González) O Presidente da Asociación de Comerciantes do Carballiño, Adolfo Nogueira, xunto con Manolo Blanco "Celta" presentaron esta mañá o que será a entrega do Premio Azougue deste ano 2009. Para facer entrega do recoñecemento celebraráse a IV cea o vindeiro catro de setembro no Restaurante "O Pote". A comida comezará ás 22.00 horas e o prezo para os asistentes será de 25 euros; as entradas poderánse retirar ata o 2 de setembro nos seguintes establecementos: Hipercalzados, Sastrería Pájaro, Yoigo e establecementos Celta. Este premio á Confitería Cerviño foi acordado por tódolos membros da Asociación de Comerciantes -en torno ós 190 asociados-, porque según palabras de Adolfo: "Buscamos a alguén que teña unha traxectoria ampla e que sexa un emblema do empresariado carballiñés e que teña participado e apoiado todo tipo de iniciativas na actividade cultural, deportiva e social da vida do Carballiño"  . Esta actividade familiar iniciouse nos anos 20 e nos anos 60 consolidouse como unha empresa, sendo o seu producto estrela as cañas fritas. A confitería vai pola súa cuarta xeración dentro da mesma familia e nela traballan 13 persoas. Ademáis deste premio Azougue, Cerviño xa recibiu diferentes premios de recoñecemento; as súas cañas fritas repártense por toda España como Madrid ou Barcelona e produce 3.500 unidades cada día. O nome deste premio fai referencia ó deus romano Mercurio que é o deus do comercio e na anterior edición foi concedido a "Autoservicio Pereira" tamén pola súa ampla traxectoria.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/asociacion-de-comerciantes-concede-o-premio-azougue-2009-confiteria-cervino

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/asociacion-de-comerciantes-concede-o-premio-azougue-2009-confiteria-cervino [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/asociacion-de-comerciantes-concede-o-premio-azougue-2009-confiteria-cervino [3] whatsapp://send?text=A Asociación de Comerciantes concede o Premio Azougue 2009 a Confitería Cerviño http://copecarballino.es/novas/asociacion-de-comerciantes-concede-o-premio-azougue-2009-confiteria-cervino [4] http://copecarballino.es/print/42253