Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Así luce o Municipal de Espiñedo a unha semana de principiar o Campionato de Liga

24, Agosto 2009 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

[5]

Situación actual pola parte de atrás da portería

(Redacción. Lolo Carril)  A falla de compromiso dos políticos locais e os supostos incumprimentos de certos organismos oficiais -Deputación e Xunta- están facendo posible que o campo de Espiñedo amose esta penosa imaxe de desolación. Pasaron oito meses dende que en xaneiro e por mor daquel temporal parte do muro perimetral, xunto cos carteis publicitarios, se viñera abaixo. Dende aquela e ata hoxe absolutamente nada se fixo encol de arranxar este muro que aparte de ser un descalabro estético é un perigo constante para todos os que se acheguen ata o campo de Espiñedo. A situación segue sendo inquedante ante a falla de claridade que seguen a amosar sobor da futura obra de execución dende a propia casa do concello. O Concelleiro de Deportes, Manolo Dacal, non ten nada claro nin quén, nin cando, nin cómo se vai solucionar o problema. Deste xeito só queda agardar que non haxa que lamentar ningunha desgracia e armarse de paciencia. En canto ó proxecto de iluminación outro tanto do mesmo, uns polos outros,  a casa sen barrer e Espiñedo case que a escuras mantendo o tipo cunha iluminación de candil que nin sequera abonda para poder levar a cabo os adestramentos da semana. A todo isto, hai que subliñar que fai xa días que expiraba o famoso prazo de execución e recepción de dita obra, fixado para os primeiros días de agosto. Desgraciadamente, Espiñedo segue como estaba, nin iluminación nin arranxo do muro e a sufrida parroquia cada día máis cansa de que se lle tome o pelo.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/as%C3%AD-luce-o-municipal-de-espi%C3%B1edo-unha-semana-de-principiar-o-campionato-de-liga

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/así-luce-o-municipal-de-espiñedo-unha-semana-de-principiar-o-campionato-de-liga [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/así-luce-o-municipal-de-espiñedo-unha-semana-de-principiar-o-campionato-de-liga [3] whatsapp://send?text=Así luce o Municipal de Espiñedo a unha semana de principiar o Campionato de Liga http://copecarballino.es/novas/así-luce-o-municipal-de-espiñedo-unha-semana-de-principiar-o-campionato-de-liga [4] http://copecarballino.es/print/42257 [5] http://copecarballino.es/image/municipal-de-espi%C3%B1edo-pola-parte-de-atr%C3%A1s-da-porter%C3%AD