Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Un Concelleiro Socialista de Piñor, chamado a declarar polo caso da axente electoral

24, Agosto 2009 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O Concelleiro Socialista de Piñor, David Fernández Ojea, terá que declarar en sede xudicial sobre o caso da axente electoral do PSOE que viaxou a Buenos Aires entre o 2 de abril ó 23 de maio de 2007, xusto antes de celebrarse as eleccións munipais dese ano. O Xulgado de Instrucción nº 1 de Corcubión, que leva o caso, e investiga se se pagou con fondos públicos a viaxe a Argentina da axente electoral, citou a declarar a varias persoas, entre elas, ó concelleiro de Piñor na súa condición de representante legal da asociación "Viticultores do Castro", a entidade que contratou a suposta axente electoral. O Partido Popular, que viña denunciando o feito desde fai dous anos, mantén que a viaxe a Buenos Aires pagouse con fondos públicos da Consellería de Traballo que foran concedidos a través dunha subvención a esta Asociación, da que é o responsable legal o Concelleiro Delegado do sector agrogandeiro e forestal do Concello de Piñor. Xunto a Fernández Ojea, tamén foron citados a declarar no Xulgado o vindeiro dia 2 de setembro, o máximo responsable de "Viticultores do Castro", Dario Rodríguez, e dous ex-altos cargos do Goberno Bipartito, o Ex-Secretario Xeral de Emigración Manuel Luis Rodríguez e o Ex-Director Xeral de Promoción do Emprego, Alvaro Ánsias.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/un-concelleiro-socialista-de-pi%C3%B1or-chamado-declarar-polo-caso-da-axente-electoral

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/un-concelleiro-socialista-de-piñor-chamado-declarar-polo-caso-da-axente-electoral [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/un-concelleiro-socialista-de-piñor-chamado-declarar-polo-caso-da-axente-electoral [3] whatsapp://send?text=Un Concelleiro Socialista de Piñor, chamado a declarar polo caso da axente electoral http://copecarballino.es/novas/un-concelleiro-socialista-de-piñor-chamado-declarar-polo-caso-da-axente-electoral [4] http://copecarballino.es/print/42259