Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Os montes da Costa, Pareisal, A Lagoa, o Campo da Festa e Escoirede xa pertencen á parroquia de A Veiga

27, Agosto 2009 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O Xurado Provincial de Montes Veciñais e Man Común ven de resolver o expediente de clasificación tramitado polos veciños da parroquia de Veiga, rexistrando ó seu favor os montes da Costa, o Pareisal, A Lagoa, o Campo da Festa e Escoirede, todos eles -no seu conxunto- dunha extensión de 33 hectáreas, das que a maioría -case 20 hectáreas-, corresponden ó chamado monte da Costa e o resto ós de Pareisal, A Lagoa, o Campo da Festa, e Escoirede. O Xurado Provincial de Montes Veciñais resolve así o expediente que comezou a tramitarse no ano 2005. No edicto no que se recoñece a propiedade dos veciños de Veiga sobre estes montes, maniféstase que está acreditado o carácter de veciñal mediante as testemuñas dos veciños solicitantes e as actuacións realizadas polo Servizo Provincial de Montes e no que durante a tramitación do expediente se tivera producido reclamación ningunha de titularidade distinta. Así pois, os comuneiros da parroquia de Veiga pasan a ser os lexitimos propietarios de todos estos montes. Nalgúns deles, como o de Escoirede, a maior superficie foi ocupada por edificios públicos como o Centro Comarcal do Carballiño ou a Residencia de Maiores. Tamén forma parte destas parcelas a zona onde se construíu a Pavillón Polideportivo e as piscinas municipais.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/os-montes-da-costa-pareisal-lagoa-o-campo-da-festa-e-escoirede-xa-pertencen-parroquia-de-veiga

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/os-montes-da-costa-pareisal-lagoa-o-campo-da-festa-e-escoirede-xa-pertencen-parroquia-de-veiga [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/os-montes-da-costa-pareisal-lagoa-o-campo-da-festa-e-escoirede-xa-pertencen-parroquia-de-veiga [3] whatsapp://send?text=Os montes da Costa, Pareisal, A Lagoa, o Campo da Festa e Escoirede xa pertencen á parroquia de A Veiga http://copecarballino.es/novas/os-montes-da-costa-pareisal-lagoa-o-campo-da-festa-e-escoirede-xa-pertencen-parroquia-de-veiga [4] http://copecarballino.es/print/42263