Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O Concello de Maside presenta unha exposición feita por unha masidá sobre a evolución do cálculo ó longo da historia

28, Agosto 2009 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O Alcalde de Maside coa autora da exposición, Trinidad Pérez

(Redacción. Belén González) A Casa Consistorial de Maside alberga estos días unha exposición da evolución do cálculo ó longo da historia realizada por unha licenciada en Matemáticas, Trinidad Pérez Gómez, veciña de Santa Coma. O alcalde, Celso Fernández, foi o encargado de inaugurar esta exposición e definiuna como "unha exposición de gran interese e única case en todo o mundo". Esta mostra estivo en diferentes centros de ensino e en diversas universidades, xa que a súa autora decidiu facela para darlle resposta a tódolos alumnos que se preguntan para qué serven as matemáticas. Ademáis, nesta exposición vése como as matemáticas foron resolvendo problemas de contabilidade e de administración. "Calcular non foi sempre tan sinxelo, porque non había ordenadores nin calculadoras", afirma a súa autora. A exposición está dividida en dúas partes: unha parte histórica que versa sobre a evolución dos aparellos como calculadoras, ordenadores, máquinas... As primeiras calculadoras naceron ó redor do ano 1910 e só sumaban e restaban; posteriormente creáronse as que multiplicaban e dividían. Tamén se poden ver regras de cálculo, e diferentes aparellos que foron facendo máis sinxela esta labor. Outra parte da exposición é a evolución dos números romanos ata o que son hoxe en día, porque "facer unha división cos´números romanos, hoxe sería moi difícil".

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-concello-de-maside-presenta-unha-exposici%C3%B3n-feita-por-unha-masid%C3%A1-sobre-evoluci%C3%B3n-do-c%C3%A1lculo

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-de-maside-presenta-unha-exposición-feita-por-unha-masidá-sobre-evolución-do-cálculo [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-de-maside-presenta-unha-exposición-feita-por-unha-masidá-sobre-evolución-do-cálculo [3] whatsapp://send?text=O Concello de Maside presenta unha exposición feita por unha masidá sobre a evolución do cálculo ó longo da historia http://copecarballino.es/novas/o-concello-de-maside-presenta-unha-exposición-feita-por-unha-masidá-sobre-evolución-do-cálculo [4] http://copecarballino.es/print/42266