Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > A Corporación de Cea aprobou o plan especial para a creación de solo industrial no municipio

3, Setembro 2009 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A Corporación Municipal do Concello de San Cristovo de Cea  celebrou esta mañá una sesión plenaria na que procedeu á aprobación inicial do plan especial para a creación de solo insdustrial neste Municipio. A futura área industrial ubicaráse en montes veciñais nas inmediacións da localidade de Fondo de Cea, preto da estrada N-525, dunha superficie de cen mil metros cadrados que se completarán coa adquisición de terreos a particulares. De feito, nas últimas semanas xa se acometeron traballos de tala de árbores e inciouse incluso a explanación dos terreos nos que está previsto que se instale a empresa "Las Cinco Jotas", coa que o Concello de San Cirtovo de Cea asinou meses atrás un protocolo de colaboración polo que esta empresa se comprometía a ubicarse en Cea, ónde construirá unha nave de 50.000 metros cadrados, sería entón unha das máis grandes de Europa, para desenvolver a súa actividade de fabricación de vivendas modulares, que combinan a pedra e a madeira na súa construcción. As previsións anunciadas polo Alcalde de Cea apuntan a creación de 140 postos de traballo directos.

Jose Luis Valladares espera que nun prazo de dous meses se complete a tramitación prevista para a creación desta área industrial, que se está levando a cabo -remarcou o Rexidor Muncipal- baixo as pautas quemarca a Dirrección xeral de Urbanismo, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, a quen Valladares agradeceu a colaboración que ven prestando para axilizar na medida do posible os prazos previstos.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/corporaci%C3%B3n-de-cea-aprobou-o-plan-especial-para-creaci%C3%B3n-de-solo-industrial-no-municipio

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/corporación-de-cea-aprobou-o-plan-especial-para-creación-de-solo-industrial-no-municipio [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/corporación-de-cea-aprobou-o-plan-especial-para-creación-de-solo-industrial-no-municipio [3] whatsapp://send?text=A Corporación de Cea aprobou o plan especial para a creación de solo industrial no municipio http://copecarballino.es/novas/corporación-de-cea-aprobou-o-plan-especial-para-creación-de-solo-industrial-no-municipio [4] http://copecarballino.es/print/42273