Desenrolado por coroa.es
O Carballiño volveu hoxe a normalidade na vida cotián tras deixar atrás unhas Festas do Setembro, as deste ano, caracterizadas polo escaso ambiente, moi probablemente as máis pobres, en animación e afluencia de público ás actividades programadas, de toda a historia recente do Carballiño. Orquestras que non se corresponderon co nivel que demandan unhas festas que, por historia e tradición, son as mellores entre as vilas da provincia. Un programa que desta vez non estivo á altura do que teñen que ser as festas máis representativas do Carballiño, cun sonoro fracaso de convocatoria dos chamados concertos estelares, como acontecia con Navajita Plateá -e eso que era noite de venres e víspera de fin de semana- que apenas logrou reunir a 400 espectadores, algo somellante o que acontecera o dia anterior con Cómplices, noutro dos concertos máis frios e flouxos dos útlimos anos no que é a historia destas festas do Setembro. Con este panorama, non é impropio que o Alcalde do Carballiño Carlos Montes e tamén Presidente da Comisión de Festas, fixera esta mañá unha profunda autocrítica sobre o desenvolvemento festivo e adiantáse que promoverá un periodo de reflexión sobre o modelo organizativo e de programación destas Festas do Setembro cara vindeiros anos. (DECLARACIÓNS EN AUDIO).
Lo siento tu navegador necesita flash para ver este contenido
Declaracións do alcalde do Carballiño Carlos Montes
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-alcalde-do-carballino-fai-autocritica-das-festas-do-setembro-deste-ano-e-defende-un-novo
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-alcalde-do-carballino-fai-autocritica-das-festas-do-setembro-deste-ano-e-defende-un-novo
[3] whatsapp://send?text=O Alcalde do Carballiño fai autocrítica das Festas do Setembro deste ano e defende un novo modelo organizativo http://copecarballino.es/novas/o-alcalde-do-carballino-fai-autocritica-das-festas-do-setembro-deste-ano-e-defende-un-novo
[4] http://copecarballino.es/print/42293