Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Cipriano Caamaño : "Zapatero non sabe o que vale un café e éste non se entera que hai crise", referíndose o portavoz socialista en Boborás, Alberto Otero

22, Setembro 2009 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A medida de aforro no gasto municipal anunciada polo Concello de Boborás e consistente no apagado das iluminacións públicas durante catro horas, de 2,30 a 6,30 da madrugada, está provocando un carrusel de críticas por parte dos grupos da oposición. O PSOE aproveitaba a celebración da romaría da Saleta para achegar á veciñanza a súa postura contraria a esta decisión, e criticando coma o Concello de Boborás recorta servizos públicos co pretexto da crise mentres gasta o diñeiro en pagar soldos ós Concelleiros do Grupo de Goberno, ó Alcade e ó seu Asesor. Nunha intervención no programa "A mañá de Cope", onde foi entrevistado por Xan Pinal, o Alcalde de Boborás rexeitou as criticas dos socilaistas e asegurou que o gasto en persoal en Boborás - un 19% do orzamento total-  está moi debaixo doutros Concellos da Comarca, e puxo os exemplos de Maside ou Punxín, ónde este mesmo capítulo ascende o 30% e o 36% do orzamento total dos respectivos Concellos. Caamaño mantén que o noventa por cento da veciñanza do Concello de Boborás está a favor desta medida de racionalización dos horarios nas iluminacións públicas "que permitirán manter servizos como o xantar sobre rodas, axuda no fogar, o punto de atención á infancia e outros irrenunciables para o Concello de Boborás" (DECLARACIÓNS DE CIPRIANO CAAMAÑO EN AUDIO)

Lo siento tu navegador necesita flash para ver este contenido

Alcalde de Boborás, Cipriano Caamaño

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/cipriano-caamano-zapatero-non-sabe-o-que-vale-un-cafe-e-este-non-se-entera-que-hai-crise

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/cipriano-caamano-zapatero-non-sabe-o-que-vale-un-cafe-e-este-non-se-entera-que-hai-crise [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/cipriano-caamano-zapatero-non-sabe-o-que-vale-un-cafe-e-este-non-se-entera-que-hai-crise [3] whatsapp://send?text=Cipriano Caamaño : [4] http://copecarballino.es/print/42294