Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Cipriano Caamaño anuncia agora que só se apagará unha parte das iluminacións publicas

24, Setembro 2009 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Asi o anunciou o Alcalde de Boborás a través desta emisora de radio, finalmente descartase a posibilidade de apagar as iluminacións públicas na súa totalidade entre as 2,30 e as 6,30 da madrugada, e como inicialmente estaba previsto como medida de aforro no gasto público. Cipriano Caamaño recoñeceu nunha intervención no programa de Xan Pinal que o anunciou desta medida xerara inquietude entre a veciñanza ó ser utilizada pola oposición "para meterlle medo a xente e decirlle que ían aumentar os roubos e a inseguraridade cidadán", polo que se optará por outra fórmula alternativa que consistirá en apagar as iluminacións de forma parcial, unha ou dúas de cada tres farolas "que é o sitema preferido pola maioria da poboación e así se fará". Con este procedemento o Alcalde de Boborás pensa que o aforro no gasto eléctrico pode ser aínda superior o que estaba calculado que pudera acadarse coa medida inicialmente presentada, apagando a totalidade das luminarias, pero só durante catro horas. Agora, o apagado será tan só parcial e segundo as demandas e preferencias da maioria dos veciños en cada pobo.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/cipriano-caama%C3%B1o-anuncia-agora-que-s%C3%B3-se-apagar%C3%A1-unha-parte-das-iluminaci%C3%B3ns-publicas

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/cipriano-caamaño-anuncia-agora-que-só-se-apagará-unha-parte-das-iluminacións-publicas [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/cipriano-caamaño-anuncia-agora-que-só-se-apagará-unha-parte-das-iluminacións-publicas [3] whatsapp://send?text=Cipriano Caamaño anuncia agora que só se apagará unha parte das iluminacións publicas http://copecarballino.es/novas/cipriano-caamaño-anuncia-agora-que-só-se-apagará-unha-parte-das-iluminacións-publicas [4] http://copecarballino.es/print/42298