Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O Partido Popular pídelle a PSOE e BNG que se aclaren e expliquen ó pobo do Carballiño qué están negociando.

14, Outubro 2009 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O Partido Popular rompeu esta mañá o silencio que mantiña en relación ó proceso negociador que manteñen PSOE e BNG para asinar un pacto municipal de goberno no Concello do Carballiño. Nunha comparecencia ante os medios, Argimiro Marnotes pedíu publicamente a unhos e outros que "clarifiquen dunha vez por todas as súas negociacións"e poñan fin á parálise que -entende o PP- vive o Concello do Carballiño desde que comezaron as conversas entre socialistas e nacionalistas. O portavoz dos populares manifestou que o equipo de goberno está "esgotado, noqueado e dividido" e tamén que o único que busca Carlos Montes con este pacto é aprobar unhos orzamentos "que lle permitan manter a rede clientelar do PSOE no Concello do Carballiño".

En canto ó BNG, Marnotes recordou que Manuel Amil pudo ser Alcalde e non quixo, e tamén lle recordou a promesa electoral coando afrimou que non pactaría a non ser que fose para ser Alcalde. Finalmente, desde o Partido Popular entedese que xa está esgotado o prazo destas negociacións porque o Concello do Carballiño non se pode permitir por maís tempo esta situación de indefinición política, e por eso, desde o Partido Popular pídeselle tanto a PSOE coma a BNG que se aclaren. E pase o que pase, o Partido Popular trasladará a unha mensaxe á cidadanía: o PP seguirá no que queda de mandato onde o situaron os votos "nunha oposición sen complexos, sen ataduras e con moita responsablidade"

Lo siento tu navegador necesita flash para ver este contenido

Declaracións Argimiro Marnotes voceiro do PP en Carballiño

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-partido-popular-p%C3%ADdelle-psoe-e-bng-que-se-aclaren-e-expliquen-%C3%B3-pobo-do-carballi%C3%B1o-qu%C3%A9-est%C3%A1n

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-partido-popular-pídelle-psoe-e-bng-que-se-aclaren-e-expliquen-ó-pobo-do-carballiño-qué-están [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-partido-popular-pídelle-psoe-e-bng-que-se-aclaren-e-expliquen-ó-pobo-do-carballiño-qué-están [3] whatsapp://send?text=O Partido Popular pídelle a PSOE e BNG que se aclaren e expliquen ó pobo do Carballiño qué están negociando. http://copecarballino.es/novas/o-partido-popular-pídelle-psoe-e-bng-que-se-aclaren-e-expliquen-ó-pobo-do-carballiño-qué-están [4] http://copecarballino.es/print/42317