Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > A finca da "Pena dos Namorados" é de propiedade privada

29, Outubro 2009 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Trátase da finca con número rexistral 18406, de vintesete áreas de extensión de terreo, coñecida como a “Pena dos Namorados” e na que actúou unha das escolas-taller do Concello do Carballiño, que levou a cabo diversas obras de acondicionamento, sita na zona do parque etnográfico do río Arenteiro.Según a documentación expedida este pasado día 27 de outubro de 2009 polo rexistro da propiedade do Carballiño, a titularidade da finca corresponde a José Antonio Otero  e Encarnación Alvarez, Rafael Otero e Maria Carmen Ramos, e Adolfo Otero e Julia Janeiro, e según o título de compraventa formalizado o dia 3 de setembro de 1977. Desde entón, non se producíu ningún cámbeo na titularidade desta propiedade que fose elevado a escritura pública. A nota simple informativa do rexistro da propiedade do Carballiño relativa a esta finca da pena dos namorados recolle tamén unha anotación preventiva de embargo sobre a mesma por parte do xulgado de primeira instancia e instrucción feita con data do pasado dia 21 deste mesmo mes de outubro no que andamos.

Dias atrás, o Partido Popular solicitou ó Alcalde o Carballiño que aclarase a situación legal desta parcela, e da súa titularidade, advertindo que de non poder demostrarse por parte do Concello que é propietario desta parcela “estariamos falando dunha maís que posible malversación de fondos públicos” o investir diñeiro público nunha propiedade privada.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/finca-da-pena-dos-namorados-%C3%A9-de-propiedade-privada

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/finca-da-pena-dos-namorados-é-de-propiedade-privada [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/finca-da-pena-dos-namorados-é-de-propiedade-privada [3] whatsapp://send?text=A finca da [4] http://copecarballino.es/print/42332