Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > A Corporación de Leiro apoia ó "camiño xacobeo miñoto Ribeiro"

1, Novembro 2009 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A Corporación de Leiro en sesión de pleno

A iniciativa de reivindicar a existencia desta ruta xacobea partíu inicialmente da asociación cultural "Castela Auriense" que preside Pablo Lorenzo, e deu lugar posteriormente a constitución da "Encomenda do Camiño Xacobeo do Ribeiro", un colectivo ó que se adheriron varios Concellos polos que atravesaría este camiño xacobeo, entre eles Padrenda, Castrelo de Miño, Ribadavia, Boborás, Avión ou Forcarei. A nova asociación leva maís dun ano traballando na documentación para achegar á Xunta de Galicia para lograr o recoñecemento oficial desta ruta xacobea que, procedente do norte de Portugal, atravesaría as actuais comarcas do ribeiro e O Carballiño para dirixirse á Terra de Montes, polo Concello de Forcarei e chegar a Compostela a través da bisbarra de Tabeirós. Na "Encomenda do Camiño Xacobeo do Ribeiro" estaban representados Concellos gobernados polos tres grandes partidos, PP, PSOE e BNG. Ainda así, restaba o apoio doutros Concellos, como os de Arnoia, Beade e Leiro, que non chegaron a formalizar a súa adhesión nesta asociación.No pasado mes de setembro, as diferencias xurdidas no seo da xunta directiva da "Encomenda" deron lugar a creación dunha segunda asociación, constiuida baixo a denominación "Camiño Xacobeo Miñoto Ribeiro". En tempo record, esta nova asociación conseguíu a adhesión do Concello de Leiro, xa que o 23 de outubro presentaba un escrito no rexistro municipal deste Concello, e seis dias despois, este pasado 29 de outubro, a petición foi trasladada ó Pleno da Corporación, que a aprobou. O acordo obriga ó Concello de Leiro a prestar os apoios necesarios para sacar adiante este proxecto, que se considera de suma importancia, non só desde o punto de vista histórico, senón tamén unha oportunidade única para o desenvolvemento socio-económico e turístico dos Concellos polos que decorre este camiño, para o que se agarda o recoñecemento institucional por parte da Xunta de Galicia.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/corporaci%C3%B3n-de-leiro-apoia-%C3%B3-cami%C3%B1o-xacobeo-mi%C3%B1oto-ribeiro

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/corporación-de-leiro-apoia-ó-camiño-xacobeo-miñoto-ribeiro [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/corporación-de-leiro-apoia-ó-camiño-xacobeo-miñoto-ribeiro [3] whatsapp://send?text=A Corporación de Leiro apoia ó [4] http://copecarballino.es/print/42334