Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > A Policia Local detén a dous conductores que circulaban cunha taxa de alcohol superior á permitida

9, Novembro 2009 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A Policia Local do Carballiño procedeu nas últimas horas á dentención de dous conductores que superaban a taxa de alcohol, e circulaban cos seus vehículos en zona urbana. O primeiro deles, despois de que unha chamada anónima alertara sobre a presencia dun conductor  que se dispoñía a subir ó coche con evidentes signos de embriaguez. O vehículo foi interceptado na rúa Aller Ulloa, e unha vez realizada a proba de alcoholemia ó conductor, E.M.M. de 53 anos e veciño do Carballiño, deu unha taxa en aire de máis de 0,90. No segundo caso, axentes da Policia Local detiveron a F.V.R, veciño de Cenlle, por negarse a facer a proba de alcoholemia, despois de que fose sorprendido circulando por dirección prohibída.

Doutra parte, a Policia Local busca o conductor ou conductores, que ocasionaron  varios golpes  en vehículos estacionados en distintas rúas do Carballiño. Alonmenos, son dúas as denuncias presentadas por propietarios de vehículos correctamente estacionados nas rúas Ribero e San Cibrán. Ademáis, outro vehículo chocou contra o peche exterior dunha dunha vivenda na rúa Alberto Vilanova. Os feitos ocurriron durante a pasada madrugada e tres casos os infractores deronse á fuga.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/policia-local-deten-dous-conductores-que-circulaban-cunha-taxa-de-alcohol-superior-permitida

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/policia-local-deten-dous-conductores-que-circulaban-cunha-taxa-de-alcohol-superior-permitida [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/policia-local-deten-dous-conductores-que-circulaban-cunha-taxa-de-alcohol-superior-permitida [3] whatsapp://send?text=A Policia Local detén a dous conductores que circulaban cunha taxa de alcohol superior á permitida http://copecarballino.es/novas/policia-local-deten-dous-conductores-que-circulaban-cunha-taxa-de-alcohol-superior-permitida [4] http://copecarballino.es/print/42345