Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > A asociación Pepa Loba e o concelleiro de medio ambiente presentaron a feira ecolóxica "Bioterra 2009"

9, Novembro 2009 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

As actividades terán lugar os vindeiros dias 14 e 15 deste mes de novembro, na pista roxa e no salón de actos da casa do Concello do Carballiño. "Bioterra 2009" nace coa idea de combinar a ecoloxía, o consumo responsable, e o comercio xusto e local. Intalaránse arredor de 20 postos de productores locais e ecolóxicos, e asociacións vencelladas ó comercio xusto e local. No acto de presentación, Rebeca Carreiro, da asociación cultural Pepa Loba, salientou que o principal obxetivo desta ferira "é revalorizar e dar a coñecer ós productores e cooperativas de producción ecolóxica, asi como reivindicar o comercio xusto local como unha forma de vida sostible có medio ambiente".

Ademaís, e como actividades complementarias á feira, celebraráse unha charla de iniciación á micoloxia "O reino dos fungos: identificación e conservación", ás doce da mañá do sábado 14 no salón de actos da casa do Concello, asi como obradoiros de cociña micolóxica e outro de cestería con mateirais de refugallo. Coa organización de "Bioterra 2009" colabora o Concello do Carballiño a través da concellería de medio ambiente, o seu titular, Bernardo García comprometeu o apoio do seu departamento con esta inciativa, e aplaudíu o traballo desenvolvido pola asociación Pepa Loba, un colectivo  aínda de recente constitución no Carballiño e que aposta pola cultura da sostibilidade na relación da sociedade co seu entorno.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/asociacion-pepa-loba-e-o-concelleiro-de-medio-ambiente-presentaron-feira-ecoloxica-bioterra

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/asociacion-pepa-loba-e-o-concelleiro-de-medio-ambiente-presentaron-feira-ecoloxica-bioterra [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/asociacion-pepa-loba-e-o-concelleiro-de-medio-ambiente-presentaron-feira-ecoloxica-bioterra [3] whatsapp://send?text=A asociación Pepa Loba e o concelleiro de medio ambiente presentaron a feira ecolóxica [4] http://copecarballino.es/print/42346