Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > PSOE e BNG dan plantón a Caamaño e non asisten o pleno extrarodinario da Corporación de Boborás

12, Novembro 2009 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

As bancadas da oposición, valeiras.

Os catro represantes da oposición na Corporación de Boborás non asistiron o pleno extraordinario celebrado a última hora da tarde. A hora de iniciar a sesión , o Alcalde Cipriano Caamaño amosou a súa sorpresa ante a ausencia, e inmediatameente despois ironizou decindo que "podiamos gardar un minuto de silencio porque a oposición parece que está morta". O pleno celebrouse coa presencia de 6 concelleiros do Partido Popular, faltou ún, suficientes para completar o quorum en primeira convocatoria. A continuación, Caamaño dirixiuse o público presente no salón de actos, defendendo a medida de recortar as iluminacións públicas porque "había un exceso de luces e a maioria da xente estaba dacordo con eesta proposta". A decisión da oposición de non acudir a esta sesión plenaria adiantámola desde esta emisora no programa "A Mañá de Cope". Os catro concelleiros e concelleiras que integran os grupos municipais do BNG e PSOE decidiron non acudir a esta convocatoria. A medida acordouse como sinal de protesta "por non seren atendidas as demandas veciñais e tras declaracións insultantes por parte do Alcalde cara a oposición en distintos medios de comunicación", xustificou a portavoz do BNG Maria Dolores Cachafeiro. A concelleira nacionalista explicou que " a controvertida decisión do Alcalde de apagar a determinadas horas o alumeado público provocou nos veciños e veciñas certa alarma social, que o BNG recolleu e trasladou o Alcalde xa no pasado mes de setembro". Tamén manifestou que, durante este tempo, lonxe de buscar unha solución e reunirse cos grupos políticos, tal como se lle pedía, o Alcalde "lévase prodigando nos medios de comuncicación co único obxetivo de descalificar, e agora atopámonos coa convocatoria dun pleno extraordinario onde nin na orden do día nin no expediente que se lle facilita á oposición figura para nada algún punto onde se trate o tema que está a preocupar verdadeiramente ós veciños de veciñas". Esta decisión de non acudir ó pleno, inicialmente adoptada polo BNG, foi secundada polos concelleiros do PSOE. As bancadas da oposición permaneceron valeiras por primeira vez na historia recente do Concello de Boborás.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/psoe-e-bng-dan-plant%C3%B3n-caama%C3%B1o-e-non-asisten-o-pleno-extrarodinario-da-corporaci%C3%B3n-de-bobor%C3%A1s

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/psoe-e-bng-dan-plantón-caamaño-e-non-asisten-o-pleno-extrarodinario-da-corporación-de-boborás [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/psoe-e-bng-dan-plantón-caamaño-e-non-asisten-o-pleno-extrarodinario-da-corporación-de-boborás [3] whatsapp://send?text=PSOE e BNG dan plantón a Caamaño e non asisten o pleno extrarodinario da Corporación de Boborás http://copecarballino.es/novas/psoe-e-bng-dan-plantón-caamaño-e-non-asisten-o-pleno-extrarodinario-da-corporación-de-boborás [4] http://copecarballino.es/print/42349