Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O auditorio carballiñés acollerá unha programación estable de cine, promovida pola concellería de cultura

14, Decembro 2009 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A proxección que inaugurará esta nova experiencia será a da película "Millenium 2 ", a segunda entrega da triloxia inspirada no  "Best-Seller" de Stieg Larsson, que poderémos ver no auditorio do Carballiño na derradeira fin de semana deste ano. E xa os dias 2 e 3 do vindeiro mes de xaneiro haberá cine infantil. Despois, as proxeccións cinematográficas sucederánse durante todo o ano, eso sí, de momento cunha periodicidade mensual, unha vez o mes, aínda que se o público responde a idea da concelleira de cultura é programar cine con carácter quincenal. Asunción  Rivero vé asi cumplido un obxetivo que dá resposta a "unha inquietude que me viñeron presentando veciños, xóvenes e comerciantes, desde que ocupo a concellería de cultura, a de ter novamente cine no Carballiño, cubrindo un espacio desatendido desde que pecharon as salas de cine". Para facer posible esta programación cinematográfica estable, o Concello do Carballiño deu de alta o auditorio como sala exhibidora ante o Instituto das Cencias cinematográficas e audiovisuais, do Ministerio de Cultura, de tal maneira que coa nova lei do cine perimitirá que O Carballiño "entre no cirucuíto de exhibición de salas de cine". A Concelleira de cultura tamèn destacou o esforzo que ven de facer o Concello do Carballiño, dotando o auditorio dun bó equipamento para a exhibición cinematográfica, despois do investimento de 45.000 euros, un esforzo que espera siirva agora ofrecer  Ó Carballiño non só unha nova oferta cultural senón tamén "un impulso económico para comerciantes e hosteleiros, xa que esperamos que a xente doutros Concellos veñan ó cine  Ó Carballiño, e aproveite para comer e realizar outras actividades".

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-auditorio-carballines-acollera-unha-programacion-estable-de-cine-promovida-pola-concelleria

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-auditorio-carballines-acollera-unha-programacion-estable-de-cine-promovida-pola-concelleria [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-auditorio-carballines-acollera-unha-programacion-estable-de-cine-promovida-pola-concelleria [3] whatsapp://send?text=O auditorio carballiñés acollerá unha programación estable de cine, promovida pola concellería de cultura http://copecarballino.es/novas/o-auditorio-carballines-acollera-unha-programacion-estable-de-cine-promovida-pola-concelleria [4] http://copecarballino.es/print/42372