Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > A Garda Civil imputa a cinco persoas por diversos delitos relacionados coas obras do AVE

15, Decembro 2009 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A operación, que levan a cabo a Policia Xudicial e a Garda Civil do Carballiño, continua aberta e non se descartan novas actuacións. De momento, cinco persoas foron imputadas como presuntos autores de diversos delitos de roubos, apropiación indebida, e incluso simulación de roubos, tras as investigacións que se viñeron realizando desde o pasado  mes de xullo en relación o esclarecemento de diversos feitos delictivos contra o patrimonio, dos que resultaron afectadas as UTE que realizan as obras do AVE na Comarca do Carballiño, concretamente  UTE Carballiño e UTE Maside. As imputacións a estas cinco persoas producense despois das investigacións e toma de declaración a traballadores destas emprresas, e persoal directivo e de seguridade. No curso das investigacións realizaronse visitas e inspeccións a centros de clasificación e reciclaxe de materiais férricos, localizandose vendas por valor de 60.000 euros, e acadando as cantidades controladas un peso de 300.000 kilos, constatandose ademáis a existencia de irregularidades nos cobros e expedición de facturas. 

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/garda-civil-imputa-cinco-persoas-por-diversos-delitos-relacionados-coas-obras-do-ave

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/garda-civil-imputa-cinco-persoas-por-diversos-delitos-relacionados-coas-obras-do-ave [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/garda-civil-imputa-cinco-persoas-por-diversos-delitos-relacionados-coas-obras-do-ave [3] whatsapp://send?text=A Garda Civil imputa a cinco persoas por diversos delitos relacionados coas obras do AVE http://copecarballino.es/novas/garda-civil-imputa-cinco-persoas-por-diversos-delitos-relacionados-coas-obras-do-ave [4] http://copecarballino.es/print/42373