Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > A conselleria de educación suspende as clases en todos os colexios ante a previsión de mal tempo

15, Decembro 2009 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A medida afectará a todos os centros de ensinanza non universitaria, como os pertecentes a rede galega de escolas infantís, que non terán actividade durante a xornada deste mércores 16 de decembro. O motivo é a previsión dun fenómeno meteorolóxico adverso, polo que as autoridades optaron pola suspensión cautelar da actividade nas aulas para "que non se produzca ningunha incidencia no acceso dos escolares e preservar a seguridade do alumnado, profesorado e persoal non docente". A Dirección Xeral de Emerxencias decretou a alerta laranxa por neve, tras as prediccións en forma de neve por enriba dos 300 metros, subindo a cota según avance o dia. Desta maneira, e según a axencia estatal de meteoroloxía, poderíanse acadar atá os 2centímetros de neve nas zona noroeste da provincia de Ourense, que poderían subir atá os 10 centímetros nas serras do Suiído e O Testeiro, nos Concellos de Avión, Beariz e O Irixo.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/conselleria-de-educaci%C3%B3n-suspende-clases-en-todos-os-colexios-ante-previsi%C3%B3n-de-mal-tempo

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/conselleria-de-educación-suspende-clases-en-todos-os-colexios-ante-previsión-de-mal-tempo [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/conselleria-de-educación-suspende-clases-en-todos-os-colexios-ante-previsión-de-mal-tempo [3] whatsapp://send?text=A conselleria de educación suspende as clases en todos os colexios ante a previsión de mal tempo http://copecarballino.es/novas/conselleria-de-educación-suspende-clases-en-todos-os-colexios-ante-previsión-de-mal-tempo [4] http://copecarballino.es/print/42374