Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Un descoñecido Arenteiro acaba a domicilio coa imbatibilidade do líder Porriño Industrial (1-2)

16, Decembro 2009 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Un Arenteiro encoraxinado e cunha aptitude moi distinta a amosada o pasado domingo en Espiñedo, con capacidade e boa disposición, sorprendeu no campo do Lourambal atá o esta noite invicto lider da categoria, o Porriño Industrial, que sufríu asi a primeira derrota da temporada. O partido correspondia o campionato de liga na preferente, e fora aprazado no seu dia debido o elevado número de  baixas por lesión e enfermidade no equipo carballiñés. Tras o patinazo do pasado domingo ante o Nogueira, poucos eran os optimistas neste desprazamento ante o líder e neste partido nocturno no que o Arenteiro demostrou que fora de Espiñedo é un equipo moi distinto. Malia que o Porriiño afrontaba o partido mermado polas baixas de cinco titulares, por lesión e expulsiós, comezou adiantandose no marcador no minuto 41 de partido, tras unha indecisón en defensa entre Michel e Tacón, e asi se chegou o descanso. Na segunda parte o Arenteiro foi quen de remonatar o partido. No minuto 48 Martín lograba o empate a pase de Oliveira, e cando xa se xogaba o tempo de desconto, no m. 94 Tacón lograba o gol da victoria tras executar unha falta directa. Tres puntos de ouro para este sorprendente Arenteiro.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/un-desco%C3%B1ecido-arenteiro-acaba-domicilio-coa-imbatibilidade-do-l%C3%ADder-porri%C3%B1o-industrial-1-2

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/un-descoñecido-arenteiro-acaba-domicilio-coa-imbatibilidade-do-líder-porriño-industrial-1-2 [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/un-descoñecido-arenteiro-acaba-domicilio-coa-imbatibilidade-do-líder-porriño-industrial-1-2 [3] whatsapp://send?text=Un descoñecido Arenteiro acaba a domicilio coa imbatibilidade do líder Porriño Industrial (1-2) http://copecarballino.es/novas/un-descoñecido-arenteiro-acaba-domicilio-coa-imbatibilidade-do-líder-porriño-industrial-1-2 [4] http://copecarballino.es/print/42376