Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > A Concelleira de Igualdade felicita á carballiñesa Mª Teresa Miras Portugal pola súa reelección como Presidenta da Real Academia de Farmacia

12, Xaneiro 2010 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A Concellaría de Igualdade e Benestar  do Carballiño, por medio da súa voceira Áurea Francisco ven de facer público o seu contento e felicitar trala súa reelección á carballiñesa Mª  Teresa Miras Portugal como Presidenta da Real Academia de Farmacia. A Concelleira nacionalista destaca a valía e a traxectoria profesional que premian deste xeito a unha muller que xa marcara un fito ao ser elixida no 2007 como primeira muller á fronte, non só da  Real Académica de Farmacia senón  como a primeira muller á fronte dunha academia no Estado Español. “Debemos felicitarnos –subliña Áurea Francisco- non só por sermos carballiñeses e carballiñesas senón polo feito de que sexa unha muller e desta valía a elixida para este cargo demostrando máis unha vez que ser muller e con formación, cando se pode acceder a ela, nunca vai ser un atranco para o triunfo persoal e profesional”. Tamén se fai referencia o brillante currículo desta muller de ciencia quen amais do seu nomeamento pode presumir dunha longa traxectoria entre a que debemos destacar a Cátedra de Bioquímica e Bioloxía Molecular da Universidade Complutense, máis dunha ducia de teses doutorais –cinco delas con Premio Extraordinario- e máis de 180 publicacións en revistas internacionais centradas en neurociencia

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/concelleira-de-igualdade-felicita-carballinesa-ma-teresa-miras-portugal-pola-sua-reeleccion

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/concelleira-de-igualdade-felicita-carballinesa-ma-teresa-miras-portugal-pola-sua-reeleccion [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/concelleira-de-igualdade-felicita-carballinesa-ma-teresa-miras-portugal-pola-sua-reeleccion [3] whatsapp://send?text=A Concelleira de Igualdade felicita á carballiñesa Mª Teresa Miras Portugal pola súa reelección como Presidenta da Real Academia de Farmacia http://copecarballino.es/novas/concelleira-de-igualdade-felicita-carballinesa-ma-teresa-miras-portugal-pola-sua-reeleccion [4] http://copecarballino.es/print/42397