Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Os pais e nais de alumnos do Calvo Sotelo desconvocan as protestas, tras reunirse co Secretario Xeral de Educación

19, Xaneiro 2010 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Os pais e nais de alumnos do colexio Calvo Sotelo que están a demandar que se complete o proceso de implantación da xornada única trasladaron esta mañá a súa protesta atá a sede da Consellería de Educación, en Santiago de Compostela. Mentres a maioria facía pública a súa petición ás portas da Consellería, un grupo de oito pais e nais foron recibidos polo Secretario Xeral da Consellería, ó que fixeron entrega dun escrito con trescentas sinaturas de apoio a esta reivindicación. Tras esa reunión, os pais desplazados a Santiago valoraron positivamente a postura de diálogo do Secretario Xeral de Eduación, do que acadaron "un compromiso serio para estudiar o noso caso e buscar unha solución" declarou en Cope O Carballiño Ricardo Paz, como portavoz deste colectivo de pais, unha solución que se tratará de buscar " coa elaboración dun novo estudio sobre os costes no transporte escolar, facilitandolle documentación detallada ós pais, e colaborando unhos e outros na procura dunha solución que fora económicamente máis viable". De feito, e tras esa reuníon desta mañá na Consellería de Educación, as nais e pais desplazados a Santiago decidiron en asemblea desconvocar a protesta prevista a partir de mañá, e que consistiría en non enviar os fillos a clases, unha medida de presión que queda aplazada atá mediados do mes de febreiro, a tenor do que suceda nos vindeiros dias.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/os-pais-e-nais-de-alumnos-do-calvo-sotelo-desconvocan-protestas-tras-reunirse-co-secretario

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/os-pais-e-nais-de-alumnos-do-calvo-sotelo-desconvocan-protestas-tras-reunirse-co-secretario [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/os-pais-e-nais-de-alumnos-do-calvo-sotelo-desconvocan-protestas-tras-reunirse-co-secretario [3] whatsapp://send?text=Os pais e nais de alumnos do Calvo Sotelo desconvocan as protestas, tras reunirse co Secretario Xeral de Educación http://copecarballino.es/novas/os-pais-e-nais-de-alumnos-do-calvo-sotelo-desconvocan-protestas-tras-reunirse-co-secretario [4] http://copecarballino.es/print/42402