Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Os veciños de Maside poderán realizar trámites ante a DGT desde o Concello

4, Febreiro 2010 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O Concello de Maside vai asinar coa Xefatura Provincial de Tráfico de Ourense un protocolo de adhesión ó Convenio subscrito no ano 2006 entre a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e a Dirección Xeral de Tráfico (DGT) para a mutua colaboración administrativa.

Esta colaboración céntrase inicialmente en dous expedientes que se poderán tramitar desde o Concello:

 

  • O trámite de cambio de domicilio no permiso ou licencia de conducir.
  • O trámite do duplicado do permiso de circulación do vehículo ou vehículos do interesado dos que sexa titular.
  • A sinatura deste Protocolo de colaboración leva consigo que os cidadáns poidan realizar estes trámites gratuítos desde o Concello, quen lles ofrece un novo servizo máis, co fin de facilitarlles a xestión.

    Desenrolado por coroa.es


    URL fonte:http://copecarballino.es/novas/os-veci%C3%B1os-de-maside-poder%C3%A1n-realizar-tr%C3%A1mites-ante-dgt-desde-o-concello

    Ligazóns
    [1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/os-veciños-de-maside-poderán-realizar-trámites-ante-dgt-desde-o-concello [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/os-veciños-de-maside-poderán-realizar-trámites-ante-dgt-desde-o-concello [3] whatsapp://send?text=Os veciños de Maside poderán realizar trámites ante a DGT desde o Concello http://copecarballino.es/novas/os-veciños-de-maside-poderán-realizar-trámites-ante-dgt-desde-o-concello [4] http://copecarballino.es/print/42417