Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O Delegado Territorial da Xunta clausurou o obradoiro de emprego do Concello Carballiñés

10, Febreiro 2010 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Un total de 24 desempregados do Concello do Carballiño, 23 mulleres e un home, recibiron esta mañá os diplomas que acreditan que remataron con éxito o obradoiro de emprego "Arenteiro IV". O acto desenvolveuse na casa do Concello do Carballiño, e estivo presidido polo Delegado Territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Rogelio Martinez, acompañado polo Alcalde Carlos Montes e o 1º Tenente Alcalde, Manuel Amil. A Consellería de Traballo e Benestar aportou 503.222 euros ó desenvolvemento deste obradoiro de emprego, que tivo unha duración de 12 meses e que contou con tres módulos de especialidades, albanelería, carpinteiría e xardinería. Entre as actuacións que se levaron a cabo durante este tempo, atópanse as obras que realizaron nas piscinas municipais, a construcción de vestiarios no campo de fútbol da Uceira, o axardinamento da área recreativa dos Catro Camiños, a construcción dun muro no campo municipal de Espiñedo, e actuacións diversas no parque municipal do Carballiño. Durante o acto de clausura, o Delegado Territorial da Xunta, Rogelio Martinez, salientou que "este tipo de obradoiros supoñen unha importante ferramenta de formación para que os desempregados consigan acceder ó mercado laboral".

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-delegado-territorial-da-xunta-clausurou-o-obradoiro-de-emprego-do-concello-carballi%C3%B1%C3%A9s

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-delegado-territorial-da-xunta-clausurou-o-obradoiro-de-emprego-do-concello-carballiñés [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-delegado-territorial-da-xunta-clausurou-o-obradoiro-de-emprego-do-concello-carballiñés [3] whatsapp://send?text=O Delegado Territorial da Xunta clausurou o obradoiro de emprego do Concello Carballiñés http://copecarballino.es/novas/o-delegado-territorial-da-xunta-clausurou-o-obradoiro-de-emprego-do-concello-carballiñés [4] http://copecarballino.es/print/42426