Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O PP de Boborás propón que se rebaixen os salarios a políticos e funcionarios e se retire o plus dos altos cargos, entre outras medidas, para enfrontarse á crise

11, Febreiro 2010 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Boborás, que lidera o Alcalde Cipriano Caamaño, presentará no vindeiro  Pleno ordinario que celebre a Corporación, unha moción na que propón un debate que pretende trasladar á vida pública e política, con distintas propostas de aforro e contención do gasto público para facer fronte á crise. Na moción, o Partido Popular de Boborás expón que "sendo conscientes da grave fractura existente entre a clase política, moi ben remunerada, e  a meirande parte da sociedade con dificultades para chegar a fin de mes, propoñemos o estudio e debate dunha série de medidas de aforro e austeridade no gasto". Entre esas medidas, estarían a retirada inmediata dos plus dos altos cargos das distintas administracións, a reducción á metade dos case 700 asesores que tén o goberno central, a disminución nun 5% dos salarios de todos os funcionarios e traballadores das empresas públicas, e dun 20% nos salarios do persoal de libre designación e dos cargos eléctos, Deputados, Senadores, Parlamentarios Autonómicos, Provinciais, Alcaldes e Concelleiros, quedando excluidos desta medida aqueles funcionarios, persoal e cargos electos mileuristas. Outras medidas que se propoñen, son a diminución dos privilexios dos altos cargos políticos, que con 7 anos no posto, teñen dereito á pensión máxima a efectos de xubilación, asi como a reducción á metade dos subvencións públicas ós partidos políticos e sindicatos. Finalmente, tamén se propón a adopción de medidas axeitadas para combater o fraude fiscal e as bolsas de diñeiro negro, un tratamento fiscal adecuado e fluidez no crédito a pequenas e medianas empresas, e un acordo urxente e consensuado para a reforma do mercado de traballo. As medidas expostas, aclara o grupo municipal de goberno do Concello de Boborás, "só pretenden xerar un debate entre a clase política para solucionar os gravísimos problemas que asolan ó País".  E subliña que con ese diñeiro podería "paliarse a situación dos sectores da  sociedade maís salvaxemente golpeados pola crise, esto é, parados, mozos, xublidados e dependentes".

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-pp-de-bobor%C3%A1s-prop%C3%B3n-que-se-rebaixen-os-salarios-pol%C3%ADticos-e-funcionarios-e-se-retire-o-plus

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-pp-de-boborás-propón-que-se-rebaixen-os-salarios-políticos-e-funcionarios-e-se-retire-o-plus [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-pp-de-boborás-propón-que-se-rebaixen-os-salarios-políticos-e-funcionarios-e-se-retire-o-plus [3] whatsapp://send?text=O PP de Boborás propón que se rebaixen os salarios a políticos e funcionarios e se retire o plus dos altos cargos, entre outras medidas, para enfrontarse á crise http://copecarballino.es/novas/o-pp-de-boborás-propón-que-se-rebaixen-os-salarios-políticos-e-funcionarios-e-se-retire-o-plus [4] http://copecarballino.es/print/42427