Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Veciños e propietarios denuncian deficiencias na execución do proxecto da rúa Alexandre Bóveda

13, Febreiro 2010 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A nova rúa Alexandre Bóveda convertiráse próximamente nunha importante arteria para o tráfico urbano no Carballiño, xa que evitará ter que circular polo centro da vila para os vehículos que accedan desde a Estrada de Ribadavia atá ás rúas Alberte Vilanova e Ourense. O que era un antigo camiño de carro nunha boa parte do seu percorrido, e de dirección única, pasará a ser agora unha rúa apta para a circulación en doble sentido, con beirarrúas e unha calzada que terá entre 10 e 12 metros de ancho, dependendo do tramo. O Alcalde, Carlos Montes, prevé que a obra, que se está executando, quede rematada o vindeiro dia 28 deste mes de febreiro, de tal maneira que a partir de marzo poderá xa abrirse ó tráfico. Tamén coincidíu con estas prrevisións o Concelleiro de Obras e Urbanismo, Manuel Amil, que recordou como este proxecto, que conta cun orzamento de 400.000 euros, corresponde o Plan E do pasado ano 2009. O novo vial xa estaba contemplado no Plan Xeral de Ordenación Municipal en vigor desde o ano 1999, e tal como aparece no mesmo, cun ancho de 10 metros nun dos tramos, mentres que noutro chega atá os 12. Algunhos veciños e propietarios da zona están sendo moi críticos có proxecto,xa que "é unha chapuza que a rúa non teña o mesmo ancho". Ademaís, aseguran que unha parte da mesma vai quedar sen saneamento, "algo que non se entende cando se fai unha obra así, deixar unha rúa sen saneamento".

 

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/vecinos-e-propietarios-denuncian-deficiencias-na-execucion-do-proxecto-da-rua-alexandre-boveda

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/vecinos-e-propietarios-denuncian-deficiencias-na-execucion-do-proxecto-da-rua-alexandre-boveda [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/vecinos-e-propietarios-denuncian-deficiencias-na-execucion-do-proxecto-da-rua-alexandre-boveda [3] whatsapp://send?text=Veciños e propietarios denuncian deficiencias na execución do proxecto da rúa Alexandre Bóveda http://copecarballino.es/novas/vecinos-e-propietarios-denuncian-deficiencias-na-execucion-do-proxecto-da-rua-alexandre-boveda [4] http://copecarballino.es/print/42428