Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O lume dunha campá extractora nun piso de Martinez Avellanosa mobiliza ós Servizos de Emerxencia

18, Febreiro 2010 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Atá tres veces foron requeridos os servizos do Grupo de Intervención Rápida e Protección Civil do Carballiño, durante a xornada deste xoves dia 18 de febreiro, atá tres intervencións un intervalo de apenas 17 horas no casco urbano do Carballiño. O incendio máis grave, afectou de madrugada á tintoreria "La Única",  na rúa Astureses,onde os danos materiais foron bastantes cuantiosos, e ademáis foi preciso desaloxar ós veciños da zona. Pola mañá, os servizos de emerxencia acudiron á rúa Maside, ante o aviso dun incendio nunha vivenda, que finalmente resultou ser unha falsa alarma. E finalmente, ás 8,30 das tarde recibiron un novo aviso, que daba conta dunha nova incidencia, desta vez no piso dun  edficio da rúa Martinez Avellanosa, no número 39 desta rúa carballiñesa. O lume prendeu na  campa extractora da cociña, da que saía unha densa fumeira que provocou a lóxica alarma entre a veciñanza. Tamén desta vez, a rápida intervención foi eficaz e evitou que o lume se propagase ó resto da vivenda. A Policia Local regulou durante media hora o trafico na zona para facilitar o dispositivo ós vehículos de bombeiros e emerxencias.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-lume-dunha-campa-extractora-nun-piso-de-martinez-avellanosa-mobiliza-os-servizos-de

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-lume-dunha-campa-extractora-nun-piso-de-martinez-avellanosa-mobiliza-os-servizos-de [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-lume-dunha-campa-extractora-nun-piso-de-martinez-avellanosa-mobiliza-os-servizos-de [3] whatsapp://send?text=O lume dunha campá extractora nun piso de Martinez Avellanosa mobiliza ós Servizos de Emerxencia http://copecarballino.es/novas/o-lume-dunha-campa-extractora-nun-piso-de-martinez-avellanosa-mobiliza-os-servizos-de [4] http://copecarballino.es/print/42432