Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O Concello do Carballiño non dispón da cesión do mosteiro de Lobás, despois de 3 anos anunciando un proxecto de restauración

22, Febreiro 2010 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

 O Concello do Carballiño aínda non dispón da cesión por parte do Bispado do mosteiro de San Pedro de Lobás, para poder optar ó 1% cultural, e poder levar a cabo o proxecto de restauración que os responsalbes municipais veñen anunciando nos últimos anos. O convenio que debe asinarse entre a institución municipal e a administración do Estado prevé que esta cesión sexa por un periodo de 52 anos, unha condición que non cumple o convenio establecido a principios dos anos noventa entre Bispado e Concello. O Alcalde do Carballiño, Carlos Montes, recoñecía que a dia de hoxe o Concello aínda non dispón desa cesión por parte do Bispado, paso previo e inprescindible para poder tramitar a solicitude ante o ministerio de cultura. O curioso, é que fai tres anos que o Concello do Carballiño ven anunciando a súa intención de acometer a obra de restauración do mosteiro a través da financiación do 1% cultural, incluso no seu dia o Alcalde viaxara atá Madrid para realizar xestións ante o ministerio na tramitación desta solicitude, e mesmo chegara a presentarse por parte do rexidor municipal un anteproxecto, que incluía -entre outras actuacións- a construcción dun pequeno auditorio, unha sala de exposicións permanente, un centro de interpretación do patrimonio da Comarca, e atá un servizo de hostelería para os visitantes.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-concello-do-carballino-non-dispon-da-cesion-do-mosteiro-de-lobas-despois-de-3-anos

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-do-carballino-non-dispon-da-cesion-do-mosteiro-de-lobas-despois-de-3-anos [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-do-carballino-non-dispon-da-cesion-do-mosteiro-de-lobas-despois-de-3-anos [3] whatsapp://send?text=O Concello do Carballiño non dispón da cesión do mosteiro de Lobás, despois de 3 anos anunciando un proxecto de restauración http://copecarballino.es/novas/o-concello-do-carballino-non-dispon-da-cesion-do-mosteiro-de-lobas-despois-de-3-anos [4] http://copecarballino.es/print/42436