Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O Partido Popular propón que a Festa do Polbo sexa dedicada ó Xacobeo

10, Marzo 2010 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A proposta foi presentada esta mañá por medio dun escrito dirixido ó Alcalde do Carballiño,  solicitando que a vindeira edición da festa do polbo que se celebrará o domingo 8 de agosto sexa dedicada ó Xacobeo 2010. O Partido Popular expón como "O Xacobeo é un acontecemento especial para tódolos galegos e galegas, sexan ou non cristiáns, e arredor do mesmo xurden acontecementos de tipo social e cultural de ampla diversidade que complementan o potencial turístico". Tamén subliñan os populares que a Festa do Polbo está considerada como a festa gastronóminca máis importante e representativa das convocatorias festivo-gastronómicas de Galicia, polo que "a confluencia de ambos acontecementos sería moi positivo, o noso Patrón Santiago sentiríase honrado, e o Xacobeo e os seus perregrinos terían a súa disposición a mellor das festas gastronómicas de Galicia e o mellor pulpo á feira que nunca teñan comido". Sería ésta a segunda vez na que se dedicaría a festa carballiñesa ó Xacobeo, a primeira foi no ano 1993.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-partido-popular-prop%C3%B3n-que-festa-do-polbo-sexa-dedicada-%C3%B3-xacobeo

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-partido-popular-propón-que-festa-do-polbo-sexa-dedicada-ó-xacobeo [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-partido-popular-propón-que-festa-do-polbo-sexa-dedicada-ó-xacobeo [3] whatsapp://send?text=O Partido Popular propón que a Festa do Polbo sexa dedicada ó Xacobeo http://copecarballino.es/novas/o-partido-popular-propón-que-festa-do-polbo-sexa-dedicada-ó-xacobeo [4] http://copecarballino.es/print/42449