Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Beariz dedica a México a "IV Festa do Porco Celta"

10, Marzo 2010 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A cita gastronónica e festiva está fixada para o domingo dia 14 de marzo, e estará este ano dedicada a México, co que Beariz mantén unha gran interrelación, xa que unha gran parte das familias bearicenses emigraron a este país. Con tal motivo, o menú preparado para o xantar oficial terá en conta esta dedicatoria, e entre os platos que se degustarán estará presente a comida tradicional mexicana, a base de tortas que mesturarán os "frijoles" con manteiga, queixo e carne esfiañada; despois, chegarán os chourizos de porco celta con cachelos, o xamón asado con salsa, e para o postre as chulas e os chupitos de tequila. O prezo por persoa é de 20 euros, e as tarxetas poden retirarse nas oficinas de Caixanova e CaixaGalicia de Beariz, atá completar o aforo do polideportivo de Beariz, onde se servirá o xantar para 800 comensais, a partir das dúas da tarde. Antes, desde as 10 da mañá, abriráse o mercado de artesanía e productos elaborados de porco celta, no campo da Goberna, e durante toda a xornada animarán a festa grupos de mariachis, pandereteiras do Concello de Beariz, e a banda de gaitas do Concello de Beariz.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/beariz-dedica-m%C3%A9xico-iv-festa-do-porco-celta

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/beariz-dedica-méxico-iv-festa-do-porco-celta [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/beariz-dedica-méxico-iv-festa-do-porco-celta [3] whatsapp://send?text=Beariz dedica a México a [4] http://copecarballino.es/print/42450