Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Abrese o prazo de exposición pública do novo PXOM do Concello de Leiro

11, Marzo 2010 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O Diario Oficial de Galicia  ven de publicar o edicto do Concello de Leiro, no que se recolle o acordo da aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal, polo que se somete a información pública durante un prazo de dous meses, a contar desde o dia 12 de marzo de 2010. Durante este tempo poderá examinarse a documentación nas dependencias do Concello de Leiro, ós efectos de consulta e tamén da presentación de posibles alegacións. Tamén se fai constar neste edicto, que están suspendidas as licenzas urbanísticas en todo o termo municipal, quedando excluidas aquelas que supoñan obras de conservación e mantemento. Non obstante, e con carácter excepcional, a Xunta de Goberno Local poderá acordar aquelas licenzas cuxa compatibilidade sexa incuestionable có PXOM. A duración da suspensión será como máximo de dous anos e, en todo caso, extinguiráse coa aprobación definitiva do novo ordenamento urbanístico do Concello de Leiro. 

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/abrese-o-prazo-de-exposici%C3%B3n-p%C3%BAblica-do-novo-pxom-do-concello-de-leiro

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/abrese-o-prazo-de-exposición-pública-do-novo-pxom-do-concello-de-leiro [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/abrese-o-prazo-de-exposición-pública-do-novo-pxom-do-concello-de-leiro [3] whatsapp://send?text=Abrese o prazo de exposición pública do novo PXOM do Concello de Leiro http://copecarballino.es/novas/abrese-o-prazo-de-exposición-pública-do-novo-pxom-do-concello-de-leiro [4] http://copecarballino.es/print/42451