Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O proxecto do parque intercomarcal de bombeiros será presentado esta semana

21, Marzo 2010 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Tras varios anos de retraso, por fin, parece que o futuro parque intercomarcal de bombeiros O Carballiño-O Ribeiro, recibirá esta semana un impulso decisivo na reunión que celebrará o Consorcio creado para a xestión deste proxecto, e que servirá ademaís para a presentación do mesmo en público. Ó acto, que se desenvolverá probablemente -aínda está por confirmar- no Centro Comarcal do Carballiño, asistirán o Conselleiro da Presidencia, Alfonso Rueda, e o Presidente da Deputación Provincial José luis Baltar. Tamén se agarda a presencia dos Alcaldes das Comarcas do Carballiño e O Ribeiro, que terán ocasión de coñecer os detalles do proxecto. O futuro parque intercomarcal de bombeiros profesionais ubicaráse en terreos cedidos polo Concello Carballiñés sitos na área industrial, onde se construirá o edificio central, que tamén será presentado neste acto, tras a reforma do proxecto, encargada polo Presidente do Consorcio, o Alcalde de San Amaro, Ernesto Pérez. En canto a equipamento, o parque contará con tres camións para actúar en incendios urbanos, destacando un vehículo dotado dunha escada de altura, apto para acceder atá un octavo piso. En canto a medios humanos, incicialmente, o proxecto contempla unha dotación de 12 bombeiros profesionais. No Consorcio cosntituído para xestionar este servizo, está representadas as tres administraccións públicas, a Xunta que aporta o 50% para a financiación do proxecto, a Deputación Provincial que achega o 30%, e finalmente os Concellos das dúas Comarcas, que completan o 20% restante.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-proxecto-do-parque-intercomarcal-de-bombeiros-ser%C3%A1-presentado-esta-semana

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-proxecto-do-parque-intercomarcal-de-bombeiros-será-presentado-esta-semana [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-proxecto-do-parque-intercomarcal-de-bombeiros-será-presentado-esta-semana [3] whatsapp://send?text=O proxecto do parque intercomarcal de bombeiros será presentado esta semana http://copecarballino.es/novas/o-proxecto-do-parque-intercomarcal-de-bombeiros-será-presentado-esta-semana [4] http://copecarballino.es/print/42458