Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > A Confederación Hidrográfica abre expediente sancionador ó Concello de Leiro polas obras na praza Rei de Viana

29, Marzo 2010 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O Concello de Leiro deberá facer fronte a un expediente sancionador incoado pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, pola obra de acondicionamento da praza Rei de Viana, na vila de Leiro, ó entender que a actuación que se levou acabo invade a zona de protección do regato O Foxón. Trátase da obra de contrucción dun centro social, que o Concello de Leiro financiou a través do Fondo Estatal de Investimento Local correspondente ó ano 2009, un proxecto no que se investiu preto de 200.000 euros. Na comunicación feita pola Confederación ó Concello de Leiro faise constar que a obra non contaba coa preceptiva autorización por parte do organismo estatal. A apertura deste expediente sancionador é consecuencia dunha denuncia presentada ánte a Confederación por parte dun veciño do propio Concello de Leiro.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/confederacion-hidrografica-abre-expediente-sancionador-o-concello-de-leiro-polas-obras-na

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/confederacion-hidrografica-abre-expediente-sancionador-o-concello-de-leiro-polas-obras-na [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/confederacion-hidrografica-abre-expediente-sancionador-o-concello-de-leiro-polas-obras-na [3] whatsapp://send?text=A Confederación Hidrográfica abre expediente sancionador ó Concello de Leiro polas obras na praza Rei de Viana http://copecarballino.es/novas/confederacion-hidrografica-abre-expediente-sancionador-o-concello-de-leiro-polas-obras-na [4] http://copecarballino.es/print/42464