Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O Porriño abusa sin piedade dos rapaces do Arenteiro (0-8)

11, Abril 2010 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Nin estaba no guión gañar o Arousa, como aconteceu o pasado mércores, e tampouco caer goleado por oito goles de diferencia ante o Porriño Industrial. É que por moita e lóxica diferencia que haxa entre ún dos equipos punteiros da preferente e outro que atá fai dúas semanas xogaba en 2ª autonómica, a fin de contas encaixar oito goles son moitos goles. Todo comezou a torcerse nos primeiros lances do partido cando o Arenteiro perdia a Alex, unha das referencias desde "baby Arenteiro", que tiña que abandoar o terreo de xogo lesionado. E tamén nada maís comezar o partido xa se puxo de manifesto a enorme diferencia que no aspecto físico existía entre os dous equipos, unha diferencia que se ía facendo maís evidente conforme ía avanzando o partido, cun Arenteiro que rematou o partido morto físicamente. Acaso seguramente pasase factura xogar tres partidos de competición en sete dias. A outra explicación a tan abultado resultado atopamóla no comportamento timorato da defensa e o porteiro locais, que non tiveron a súa tarde. Ante este panorama, o Porriño aprobeitou a ocasión para deixar un resultado para a historia en Espiñedo, un 0-8, que non se recorda en competíción oficial. Ó descanso xa gañaban 0-3, na segunda parte caeron outros cinco. Agora toca repoñerse e mirar cara adiante.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-porri%C3%B1o-abusa-sin-piedade-dos-rapaces-do-arenteiro-0-8

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-porriño-abusa-sin-piedade-dos-rapaces-do-arenteiro-0-8 [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-porriño-abusa-sin-piedade-dos-rapaces-do-arenteiro-0-8 [3] whatsapp://send?text=O Porriño abusa sin piedade dos rapaces do Arenteiro (0-8) http://copecarballino.es/novas/o-porriño-abusa-sin-piedade-dos-rapaces-do-arenteiro-0-8 [4] http://copecarballino.es/print/42473