Desenrolado por coroa.es
O Xulgado nº 1 do Carballiño ven de dictar unha resolución pola que se propón o arquivo da causa incoada pola morte masiva de cans, feitos denunciados polos grupos ecoloxistas "Matarpormatarnon" e "Amigos da Terra", fai agora algo maís dun ano. Según os ecoloxistas e a denuncia que presentaran ante a Garda Civil, entre o 1 de xaneiro de 2009 e o 1 de marzo dese mesmo ano, resultaron mortos un número moi elevado de cans, moitos deles apareceron enterrados e con sinais de morte vilolenta nunha fosa aberta nas propias intalacións, xestionadas polo Concello do Carballiño, como constatou posteriormente unha impección oficial do Seprona da Garda Civil, que daquéla, contabilizara a desaparición de de 79 cans e advertira doutras deficiencias varias nas instalacións, nas que a Consellería de Medio Ambiente investira 250.000 euros e carecían de auga corrente e suministro eléctrico, ademáis doutras irregularidades administrativas no seu funcionamento. Despois, o pleno da corporación municipal carballiñesa acordara crear unha comisión de invstigación, que logo quedaría desactivada ante a pasividade dos grupos políticos. Agora, un ano despóis, o xulgado entende que "de lo actuado no aparece debidamente justificada la perpetración de delito". Os grupos ecoloxístas anunciaron xa que recurrirán esta decisión xudicial. Máis información en www.matarpormatarnon.org [5]
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-xulgado-propon-o-arquivo-da-denuncia-presentada-polos-ecoloxistas-polas-mortes-masivas-na
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-xulgado-propon-o-arquivo-da-denuncia-presentada-polos-ecoloxistas-polas-mortes-masivas-na
[3] whatsapp://send?text=O xulgado propón o arquivo da denuncia presentada polos ecoloxistas polas mortes masivas na canceira municipal do Carballiño http://copecarballino.es/novas/o-xulgado-propon-o-arquivo-da-denuncia-presentada-polos-ecoloxistas-polas-mortes-masivas-na
[4] http://copecarballino.es/print/42485
[5] http://www.matarpormatarnon.org