Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > A Consellería elude pronunciarse sobre o muro da Veracruz, tras unha nova reunión na que se atenderon as peticións da parrroquia

10, Maio 2010 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O Templo da Veracruz contará con dous accesos para vehículos fúnebres unha vez que se remate a urbanización da nova praza, ún deses accesos será desde o novo vial en construcción e o outro desde a rúa dos Canteiros. Desta maneira, quedaría suprimida a actúal rampa de acceso desde a rúa Evaristo Vaamonde. Foi éste ún dos acordos acadados na reúnión celebrada esta mañá en Santiago de Compostela, na sede da dirección Xeral de Urbanismo, e na que participaron o párroco Xosé Benito Sieiro, o responsable de patrimonio do Bispado, Miguel Angel González, xunto ós representantes do Concello do Carballiño. Os redactores do proxecto tamén se comprometeron a asumir outra das alegacións presentadas pola parroquia, a relativa a manter o acceso desde as inmediacións da rectoral á praza, na actualidade en forma de escalinata, que se vai manter aínda que se desplazará a súa ubicación achegandose máis á parte esquerda. Finalmente, os responsables da obra tomaron nota doutras peticións, en relación á canalización de augas e que se deixe cotemplada a conexión da rede de gas ó Templo. Nesta reunión non se abordou a polémica sobre a construcción do muro, e a posible reconsideración deste aspecto concreto do proxecto, tal como demanda unha ampla maioria da sociedade carballiñesa.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/conselleria-elude-pronunciarse-sobre-o-muro-da-veracruz-tras-unha-nova-reunion-na-que-se

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/conselleria-elude-pronunciarse-sobre-o-muro-da-veracruz-tras-unha-nova-reunion-na-que-se [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/conselleria-elude-pronunciarse-sobre-o-muro-da-veracruz-tras-unha-nova-reunion-na-que-se [3] whatsapp://send?text=A Consellería elude pronunciarse sobre o muro da Veracruz, tras unha nova reunión na que se atenderon as peticións da parrroquia http://copecarballino.es/novas/conselleria-elude-pronunciarse-sobre-o-muro-da-veracruz-tras-unha-nova-reunion-na-que-se [4] http://copecarballino.es/print/42493