Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Avión contará coa primeira piscina pública cuberta e climatizada das comarcas do Ribeiro e O Carballiño

18, Maio 2010 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Un investimento de 230.000 euros financiados a través do Plan E fará posible o proxecto que convertirá a piscina municipal do Concello de Avión na primeira de titularidade pública que contará con instalacións cubertas e climatizadas, no ámbito das comarcas do Carballiño e O Ribeiro. O Concello de Avión ven de adxudicar a obra á empresa "Construcciones Benigno Alvarez", que as acometerá en dúas fases, unha primeira que se realizará de inmediato e unha segunda que se executará a partir de setembro, e deste xeito non ter que cerrar as instalacións durante os meses de verán. A actuación que se levará a cabo consistirá na cubrición exterior das instalacións, que contan xa cun sistema sustentable de climatización por medio de paneis solares. O Alcalde de Avión, Antonio Montero, salientou no programa "A mañá de Cope O Carballiño" que esta obra "permitirá que poidamos contar cunhas piscinas para disfrutar todo o ano, e non só para o ocio senón para finalidades terapéuticas, tal como nos viñan demandando moitos veciños".

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/avion-contara-coa-primeira-piscina-publica-cuberta-e-climatizada-das-comarcas-do-ribeiro-e-o

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/avion-contara-coa-primeira-piscina-publica-cuberta-e-climatizada-das-comarcas-do-ribeiro-e-o [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/avion-contara-coa-primeira-piscina-publica-cuberta-e-climatizada-das-comarcas-do-ribeiro-e-o [3] whatsapp://send?text=Avión contará coa primeira piscina pública cuberta e climatizada das comarcas do Ribeiro e O Carballiño http://copecarballino.es/novas/avion-contara-coa-primeira-piscina-publica-cuberta-e-climatizada-das-comarcas-do-ribeiro-e-o [4] http://copecarballino.es/print/42498