Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Pazos de Arenteiro unha vez máis no punto de mira

5, Xullo 2010 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Boborás (Redacción.Rocío Campos) Unha vez máis o BNG ten que denunciar o mal estado no que se atopa o camiño que vai dende a chamada "casa do médico" e o "puzo dos fumes", en Pazos de Arenteiro. Pazos de Arenteiro está considerado como Patrimonio Histórico, e como tal debe coidarse todo o seu entorno. O alcade sempre anda a presumir do moito que se fixo pola vila, pero este feito deixa moito que desexar. O que nos atopamos ó chegar e cun estado calamitoso en total abandono, de aí que non sexa a primeira vez que os concelleiros do BNG veñen a denunciar estas deficiencias "unha verdadeira desfeita despois dos cartos que se levan gastados que ascenden a moitos millóns das antigas pesetas". Pero o mal estado do camiño non só se atopa en Pazos de Arenteiro, senón tamén noutras rutas de senderismo que atravesan o concello. E agora contestarán o mesmo que sempre "estos non saben, non escoitan, están maliños e teñen que ir ós médicos".

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/pazos-de-arenteiro-unha-vez-m%C3%A1is-no-punto-de-mira

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/pazos-de-arenteiro-unha-vez-máis-no-punto-de-mira [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/pazos-de-arenteiro-unha-vez-máis-no-punto-de-mira [3] whatsapp://send?text=Pazos de Arenteiro unha vez máis no punto de mira http://copecarballino.es/novas/pazos-de-arenteiro-unha-vez-máis-no-punto-de-mira [4] http://copecarballino.es/print/42530