Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > A ora chegará ás rúas do Carballiño no mes de outubro

14, Xullo 2010 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

(Redacción. Rocio Campos) Os continuos problemas de circulación e aparcamento no Carballiño foron as causas que levaron a José Antonio Barge Gil, concelleiro de tráfico, a poñer en marcha o novo regulamento da ora para o estacionamento de vehículos. A nova medida entrará en vigor a mediados de outubro debido ó longo proceso administrativo, aínda que so falta concretar a decisión do grupo de goberno no próximo pleno que celebre a corporación municipal, polo que respecta ás rúas nas que se vai implantar.O regulamento recollerá tres zonas ben diferenciadas: "a zona azul" atoparase na zona máis céntrica e comercial do concello. Contará con máquinas expendedoras de tickets e cobrarase polo tempo que se permaneza estacionado, 0,20 céntimos por trinta minutos, 0,50 por unha hora e 1 euros por dúas horas. A "zona verde" para residentes do Carballiño contarán cunha tarxeta dun prezo anual de 50 euros e semetral de 25 euros. Desa maneira os residentes que vivan nunha determinada zona poderán aparcar nun espacio de cincocentos metros á redonda.  Unha vez que se revise o padrón das persoas interesadas nas tarxetas dentro deste grupo haberá certas prioridades a persoas que viven nunha determinada rúa, teñen coche, pero non teñen garaxe, a persoas que viven nesa rúa e por último a traballadores que veñen de fóra. A "zona libre" dirixida a tódolas persoas residentes ou non no Carballiño. Dúas destas rúas consideras libres serán a Avenida do Balneario que conta con 128 prazas de aparcamento e a rúa Otero Pedrayo. 

Barge pretende con esta nova medida buscar a sostenibilidade e aforrar en enerxía contaminante como o gasoil ou a gasolina. Unha vila onde todo está tan concentrado debemos "movernos a pé polas rúas e buscar a calidade de vida".

 

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/ora-chegara-ruas-do-carballino-no-mes-de-outubro

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/ora-chegara-ruas-do-carballino-no-mes-de-outubro [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/ora-chegara-ruas-do-carballino-no-mes-de-outubro [3] whatsapp://send?text=A ora chegará ás rúas do Carballiño no mes de outubro http://copecarballino.es/novas/ora-chegara-ruas-do-carballino-no-mes-de-outubro [4] http://copecarballino.es/print/42539