Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O BNG de Boborás denuncia a falla de talante democrático do alcalde Cipriano Caamaño

27, Xullo 2010 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O Grupo Municipal do BNG de Boborás presentouse nas dependencias municipais co obxecto de estudiar en profundidade os nove expedientes relativos as adxudicacións das obras subvencionadas a través do Plan E. A través dunha resolución dictada polo alcalde Cipriano Caamaño permitirase o acceso a antecedentes, datos e informacións que obren en poder dos servicios da Corporación en relación coas obras do Plan para o Fomento do Empleo e a Sostenibilidade Local 2010, así como a consulta do expediente de contratación das referidas obras que nunca son concedidas ás empresas e empresarios do concello.O Grupo Municipal do BNG poderá, polo tanto, revisar a documentación nas dependencias municipais o día 30 de xullo entre as 9:00 e 9:15 horas. Un total de quince minutos que fai aumentar aínda máis as sospeitas das posibles irregularidades. Diante deste novo atropelo o BNG anuncia que "o día 30 deste mes non se presentará nas dependencias municipais e reserva presentar accións legais en contra deste boicot".

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-bng-de-bobor%C3%A1s-denuncia-falla-de-talante-democr%C3%A1tico-do-alcalde-cipriano-caama%C3%B1o

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-bng-de-boborás-denuncia-falla-de-talante-democrático-do-alcalde-cipriano-caamaño [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-bng-de-boborás-denuncia-falla-de-talante-democrático-do-alcalde-cipriano-caamaño [3] whatsapp://send?text=O BNG de Boborás denuncia a falla de talante democrático do alcalde Cipriano Caamaño http://copecarballino.es/novas/o-bng-de-boborás-denuncia-falla-de-talante-democrático-do-alcalde-cipriano-caamaño [4] http://copecarballino.es/print/42548