Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Unha exposición sobre "O camiño de Santiago no cine español" entre as novidades na programación das Xociviga 2010

28, Xullo 2010 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Esta mañá Asunción Rivero, concelleira de cultura, e Carlos Montes, alcalde de O Carballiño, presentaban na Casa do Concello o cartel da vixésimo sétima edición das xornadas de vídeo e cine de Galicia que se celebrarán durante os días 2 e 6 de agosto. A principal novidade das Xociviga 2010 veñen a cargo de tres exposicións: "Xociviga 25 anos", unha exposición fotográfica titulada "Camiño, Foto e Palabra" de Juan Rúa e a máis importante de todas por ser unica en Galicia "O Camiño de Santiago no cine español". Pero ademais desta, outra das novidades desta edición foi a realización dunha serie de ciclos dirixidos a distintos patróns da poboación: ciclo de homenaxe a Manane Rodríguez, a cal lle foi concedida a "Xociviga de Honra"; ciclo de cine femenino onde destaca o curso de extensión universitaria "A muller na encrucillada do audiovisual", ciclo de cine xuvenil con películas como El Príncipe de Persia e Eclipse, ciclo de cine infantil onde se proxectarán películas como Alicia en el País de las Maravillas e Marmaduke entre outras, ciclo de curtas cedidas polo consorcio do audiovisual galego con Bata por Fora e Mínimo común divisor entre outras, ciclo de miradas de autor con The good heart e ciclo de Tvmovie galegas con películas como Reliquias, Cota Roja, Fútbol de alterne e o ciclo de curtas galegas con Perversa Lola, Enredo, O soldadiño de chumbo, 1997, e O río ten mans. Durante os cinco días tamén teremos a oportunidade de visualizar por primeira vez en toda a provincia películas como Señora de.., Mi nombre es Khan e Ciudad de vida o muerte. Ademais na edición deste ano, pretendese recupar o espíritu de ir ó cine e tódolos días ás 23:00 horas proxectarase unha película entre as que destacan Pájaros de papel de Emilio Aragón.

O gala de inauguración presentada por Camila Bossa, coñecida polo seu papel de Belinda en Mareas Vivas, terá lugar o día 2 ás 21:30 horas. A Banda Escola Municipal de O Carballiño amenizará a gala coa interpretación de varias pezas relacionadas co mundo cinematográfico.

As distintas actividades terán lugar no Auditorio, a Casa da Cultura e o Concello de O Carballiño e a elas acudirán numerosos autores galegos para manter encontros co público os diferentes medios de comunicación. As taquillas permanecerán abertas trinta minutos antes do comezo de cada sesión.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/unha-exposici%C3%B3n-sobre-o-cami%C3%B1o-de-santiago-no-cine-espa%C3%B1ol-entre-novidades-na-programaci%C3%B3n-das

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/unha-exposición-sobre-o-camiño-de-santiago-no-cine-español-entre-novidades-na-programación-das [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/unha-exposición-sobre-o-camiño-de-santiago-no-cine-español-entre-novidades-na-programación-das [3] whatsapp://send?text=Unha exposición sobre [4] http://copecarballino.es/print/42551