Desenrolado por coroa.es
Un veciño da urbanización de Outeiro Grande, en Maside, que corresponde ás iniciais J.A.I.A. denuncia que autores descoñecidos, tras forzar a porta de entrada ó recinto da empresa, así como tamén a porta da nave, roubaron do interior un camión cunha grúa da marca Volvo de cor branco e franxas vermellas o pasado xoves de madrugada, entre as 23:00 e as 00:30 horas. O camión que se atopaba cargado con aparatos sanitarios e grifería estaba no interior da nave aberto, pero sen chaves no seu interior. O camión valórano nuns 45.000 euros, o material sustraído nuns 9000 euros, mentres que os danos ocasionados en 1000 euros.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/rouban-un-camión-cargado-de-material-do-interior-dunha-nave-en-maside
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/rouban-un-camión-cargado-de-material-do-interior-dunha-nave-en-maside
[3] whatsapp://send?text=Rouban un camión cargado de material do interior dunha nave en Maside http://copecarballino.es/novas/rouban-un-camión-cargado-de-material-do-interior-dunha-nave-en-maside
[4] http://copecarballino.es/print/42562