Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O concello de Boborás programa unha excursión a Portugal os días 11 e 12 de setembro

16, Agosto 2010 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O concello de Boborás organiza para os días 11 e 12 de setembro unha excursión a Portugal para visitar lugares tan emblemáticos como o Santuario de Fátima, Coimbra ou Aveiro, entre outras. A saída está programada para o vindeiro día 11 desde o Colexio Público de Boborás. Farase unha parada na cidade de Braga e entorno ó mediodía está prevista a comida na localidade de Fátima, onde se visitará o Santuario de Fátima e máis tarde a localidade veciña de Nazaré. A cea será no hotel Católica. O día 12 pola mañá terá lugar unha visita guiada ós monasterios de Alcobaza e Batalha e rematarase a viaxe cunha visita ás cidades de Coimbra e Aveiro, co fin de chegar o lugar de residencia arredor as 23.00 horas do mesmo día. O custo da viaxe é de 70 euros para as persoas empadroadas no municipio, xa que o concello subvencionará o 50% do custo. Para aquelas persoas que non estean empadroadas e queiran asistir, o custo será de 100 euros. O prezo inclúe a viaxe de ida e volta, aloxamento e almorzo no hotel, xantar e cea do sábado, xantar do domingo, as visitas guiadas e o seguro de viaxe. Aquelas persoas interesadas poden facer a súa inscripción no concello antes do día 3 de setembro.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-concello-de-boboras-programa-unha-excursion-portugal-os-dias-11-e-12-de-setembro

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-de-boboras-programa-unha-excursion-portugal-os-dias-11-e-12-de-setembro [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-de-boboras-programa-unha-excursion-portugal-os-dias-11-e-12-de-setembro [3] whatsapp://send?text=O concello de Boborás programa unha excursión a Portugal os días 11 e 12 de setembro http://copecarballino.es/novas/o-concello-de-boboras-programa-unha-excursion-portugal-os-dias-11-e-12-de-setembro [4] http://copecarballino.es/print/42563