Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O CIM de O Carballiño e catro concellos da comarca asinan un convenio de colaboración

19, Agosto 2010 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

 (Redacción. Rocio Campos) A Casa do Concello de O Carballiño acolleu a renovación do convenio en materia de política da muller que leva a cabo o concello de O carballiño, xunto cos de Piñor, Punxín, Maside e Boborás.  Ó acto acudiron os alcaldes de ditos concellos, coa excepción do alcalde de Boborás, o cal non puido asistir, pero que fixo a súa asinación en días anteriores. Tratáse dun servizo, apuntaba o alcalde de O Carballiño Carlos Montes, de obrigado cumprimento porque o demanda a sociedade de hoxe en día. O servizo ten como finalidade a atención ás mulleres en tódolos aspectos e conta nas súas instalacións con persoas especializadas, entre elas unha psicóloga e unha avogada. A día de hoxe, o Centro de Información á Muller suma 136 expedientes abertos, dos cales 70 deles son de violencia de xénero. O convenio entre os diferentes concellos facilitará os medios económicos por parte da Xunta de Galicia para levar adiante este servizo, o cal so ten custo algún para o concello de O Carballiño, xa que ó resto dos concellos adscritos so se lle pide colaboración e compromiso coa causa, apuntaba a Concelleira de servizos sociais, Aúrea Francisco. O orzamento deste ano alcanza os 30.000 euros, que no caso de verse reducido coas vindeiras eleccións seguirán poñendo todo da súa man para traballar na materia.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-cim-de-o-carballi%C3%B1o-e-catro-concellos-da-comarca-asinan-un-convenio-de-colaboraci%C3%B3n

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-cim-de-o-carballiño-e-catro-concellos-da-comarca-asinan-un-convenio-de-colaboración [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-cim-de-o-carballiño-e-catro-concellos-da-comarca-asinan-un-convenio-de-colaboración [3] whatsapp://send?text=O CIM de O Carballiño e catro concellos da comarca asinan un convenio de colaboración http://copecarballino.es/novas/o-cim-de-o-carballiño-e-catro-concellos-da-comarca-asinan-un-convenio-de-colaboración [4] http://copecarballino.es/print/42565