Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Maside prepárase para celebrar as súas festas na honra do San Vitorio

25, Agosto 2010 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Maside celebra as súas festas do San Vitorio cun programa de tres días que se abrirá este venres. Pero desde o día 21 son moitas as actividades culturais que se veñen celebrando nesta vila, como a tradicional Festa do Cabalo. As actividades previstas para o mércores 25 corren a cargo da obra de teatro "A familia do Pindirico" que terá lugar ás 19:30 horas na Praza Julio Rodríguez Soto e a exhibición da película "Ace Age 3" ás 22:00 horas na Praza Maior. O xoves 26 remata a programación cultural de Maside 2010 coa actuación do monologuista "Avelino González " na Rúa Principal ás 21:30 horas e cunha sesión de fogos artificiais á medianoite. En caso de que o tempo non o permita as actividades trasladaranse ó Pavillón de Deportes e á Casa da Cultura. O venres 27 unha salva de bombas de palenque e un pasarrúas cunha banda de música anunciarán o inicio dos festexos á primeira hora da mañá. A misa cantada pola Coral A Torre e a procesión celebrarase ás 12:30 horas. As 20:30 da tarde a Banda de Gaitas de Maside ofrecerá un pasarrúas e desde as 22:00 horas as orquestras Montes e Combo serán as encargadas de amenizar a verbena. Á medianoite terá lugar unha sesión de fogos de artificio. O sábado 28 haberá misa cantada polo Coro Parroquial e procesión ás 12:30 e a partir das 22:00 horas verbena amenizada polas orquestras Lamas e Alcotán. Ás 24:00 horas interrumpirase a festa cunha sesión de fogos de artificio. O domingo 29 terá lugar unha festa campestre na Rañoa cun xantar que organiza a Comisión de Festas, con servizo de restaurante incluido onde a charanga "Castro Vello de Maside" se encargará de animar a tódolos asistentes ás 13:00 horas, na sobremesa a partir das 16:30 horas e pola noite cunha terceira actuación ás 23:30 horas. Pola noite,unha afamada orquestra encargarase de pechar os festexos de Maside. O domingo 5 está prevista unha carreira Popular en honra ás Festa do San Vitorio.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/maside-prep%C3%A1rase-para-celebrar-s%C3%BAas-festas-na-honra-do-san-vitorio

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/maside-prepárase-para-celebrar-súas-festas-na-honra-do-san-vitorio [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/maside-prepárase-para-celebrar-súas-festas-na-honra-do-san-vitorio [3] whatsapp://send?text=Maside prepárase para celebrar as súas festas na honra do San Vitorio http://copecarballino.es/novas/maside-prepárase-para-celebrar-súas-festas-na-honra-do-san-vitorio [4] http://copecarballino.es/print/42571