Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Nace a Plataforma veciñal en contra da pranta de compostaxe das Fontaíñas

31, Agosto 2010 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A recentemente creada plataforma contra a Planta de Compost esixe a inmediata paralización das obras da pranta de compostaxe que se está a construír no lugar das Fontaíñas, no concello de Cea. Do mesmo xeito, esixen unha explicación por parte do alcalde de Cea e da Consellería de Medio Ambiente sobre as repercusións deste proxecto nos acuíferos, nos terreos colindantes e nas poboacións próximas pertencentes ós concellos de Maside, O Carballiño e Cea. O BNG e o PSOE de O Carballiño presentaban no día de onte unha moción conxunta a prol da paralización de dita pranta e hoxe o alcalde de O Carballiño, Carlos Montes, anunciaba a convocatoria dun pleno extraordinario de urxencia para o mércores día 1 de setembro ás 21:00 horas, así como tamén o fará o concello de Maside no día de mañá. Dende hoxe a primeira hora estanse a recoller sinaturas, na Praza Maior de O Carballiño, de todos aqueles veciños afectados que queiran apoiar esta iniciativa. Mariña Arbor, ex concelleira do BNG de Cea, mostraba por unha banda, o seu apoio en contra da instalación do futuro proxecto industrial que tanto impacto medioambiental vai ocasionar nos concellos limítrofes, e por outra banda o reixamento polo modo de actuar do alcalde de Cea, José Luis Valladares que levou todo o asunto nun silencio absoluto. A campaña extenderanse a outros concellos e nestes momentos estase a realizar unha páxina web onde os afectados poderán deixar as súas queixas.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/nace-plataforma-vecinal-en-contra-da-pranta-de-compostaxe-das-fontainas

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/nace-plataforma-vecinal-en-contra-da-pranta-de-compostaxe-das-fontainas [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/nace-plataforma-vecinal-en-contra-da-pranta-de-compostaxe-das-fontainas [3] whatsapp://send?text=Nace a Plataforma veciñal en contra da pranta de compostaxe das Fontaíñas http://copecarballino.es/novas/nace-plataforma-vecinal-en-contra-da-pranta-de-compostaxe-das-fontainas [4] http://copecarballino.es/print/42575